Court (en ) é un filme indio de 2014 escrito e dirixido por Chaitanya Tamhane, no seu debut como director. O filme examina o sistema xurídico indio a través do Tribunal de Sesións de Bombai contra un ancián cantante protesta, Narayan Kamble (Vira Sathidar), quen está acusado de animar a un traballador a suicidarse a través dunha das súas cancións populares. Tamén está protagonizada por Geetanjali Kulkarni, Pradeep Joshi e Shirish Pawar.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Vira Sathidar como Narayan Kamble Vivek Gomber como Vinay Vora Geetanjali Kulkarni como fiscal Nutan Pradeep Joshi como xuíz Sadavarte Usha Bane como Sharmila Pawar Shirish Pawar como Subodh
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua marathi Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes en lingua gujarati Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes ambientados en Bombai