Durante a tempada 2024/25 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División por 42ª vez na súa historia, acabando na 15ª praza.
Resumo da tempada
Pretempada e mercado de fichaxes Despois de catro anos na terceira categoría do fútbol español, para a tempada 2024/25 o Deportivo da Coruña regresou á Segunda División, tralo éxito acadado na tempada anterior, na que se proclamou campión absoluto da Primeira División RFEF. Coa continuidade de Idiakez no banco, o primeiro cambio no equipo chegou coa retirada de Mikel Balenziaga do fútbol profesional, anunciada xa antes do remate da anterior campaña.
A primeira incorporación do equipo á parte de Mario Soriano, que regresou da súa cesión, foi a de Luis Chacón, que viña de destacar no CD Arenteiro, pero o dianteiro de Pontedeume foi cedido á Cultural Leonesa pouco despois do comezo da tempada. A continuación ficháronse os laterais Álex Petxarroman e Sergio Escudero e ao centrocampista congolés Omenuke Mfulu, e o 12 de agosto Helton Leite converteuse no primeiro gardameta brasileiro da historia do club. Nove días despois chegou cedido dende o Real Madrid Castilla o lateral Rafa Obrador. Nos últimos días de mercado pecháronse as incorporacións de Patiño, Bouldini, Gauto e Cristian Herrera, catro xogadores que tiveron pouca incidencia no equipo ao longo da campaña.
Competición Tras dúas derrotas nos primeiros dous partidos, a primeira vitoria non chegou ata a terceira xornada, nun derbi contra o Racing de Ferrol en Riazor que se decidiu cun solitario gol de Yeremay. En outubro o adestrador Idiakez foi destituído,despois de sumar só dúas vitorias nas primeiras 12 xornadas, así como catro empates e seis derrotas, ocupando o equipo postos de descenso. Foi substituído polo betanceiro Óscar Gilsanz, con quen o Deportivo saíu rapidamente dos postos de descenso, liderado polas grandes actuacións de Yeremay, que se mantivo durante toda a campaña entre os máximos goleadores da competición.
No mercado invernal Lucas Pérez deixou o equipo e puxo rumbo ao PSV, herdando Diego Villares o brazalete de capitán do club. O 4 de maio de 2025, o Deportivo goleou por 5-1 ao Albacete, selando a permanencia na Segunda División a falta de catro xornadas. Co obxectivo de manter a categoría conseguido e sen opcións de ascenso, o equipo baixou o nivel e sumou catro derrotas nos últimos catro partidos, pechando a liga na 15ª posición.
Material deportivo O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Kappa e o principal patrocinador foi Estrella Galicia.
Persoal
Corpo técnico CargoNomeAdestradorImanol Idiakez (1-12)Óscar Gilsanz (13-42)2º adestradorMario Gibanel (1-12)David Lagar (14-42)Asistente técnicoAntonio MéndezAd. de porteirosAlberto CasalPreparadores físicosRoberto CabeyudSergio RocaAnalistasAsier MaroteAlejandro AntónDelegadoPablo Barros
Consello de administración CargoNomePresidenteÁlvaro García (ata outubro de 2024)Juan Carlos Escotet (dende outubro de 2024)SecretarioDavid VillasusoConselleirosMassimo BenassiCarlos BallestaMichelle Clemente EscotetVicente FernándezMarta Fernández Currás (dende outubro de 2024)Benito Couceiro (dende outubro de 2024)Álex Bergantiños (ata outubro de 2024)
Última actualización: 23 de xuño de 2024 Fonte: Consello de administración
Mercado de fichaxes
Altas DataPosNomeProcedenciaPrezo30 de xuño de 2024DIA Soriano EibarFin de cesión30 de xuño de 2024POR Brea ArenteiroFin de cesión30 de xuño de 2024MED Pablo Muñoz Atlético BalearesFin de cesión12 de xullo de 2024DIA Chacón ArenteiroLibre16 de xullo de 2024DEF Petxarroman Andorra5 de agosto de 2024MED Mfulu Las PalmasLibre12 de agosto de 2024POR Helton Leite AntalyasporLibre21 de agosto de 2024DEF Obrador Real Madrid CastillaCesión26 de agosto de 2024MED Patiño ArsenalLibre29 de agosto de 2024DIA Bouldini Levante500.000 €30 de agosto de 2024DIA Gauto BaselCesión31 de agosto de 2024DIA Herrera Las PalmasLibre23 de xaneiro de 2025POR Alberto Sánchez FabrilSubido do filial23 de xaneiro de 2025MED Diego Gómez ArenteiroFin de cesión30 de xaneiro de 2025DIA Zakaria Eddahchouri Telstar300.000 €31 de xaneiro de 2025MED Denis Genreau ToulouseLibre3 de febreiro de 2025DEF Nemanja Tošić ZürichCesión
Baixas DataPos.NomeDestinoPrezo30 de xuño de 2024DEF BalenziagaRetiradoFin de contrato30 de xuño de 2024MED Luis Quintero VillarrealFin de cesión30 de xuño de 2024MED Salva SevillaFin de contrato30 de xuño de 2024DEF Paris Adot AlgecirasRescisión de contrato30 de xuño de 2024POR Brea San Sebastián de los ReyesRescisión de contrato30 de xuño de 2024DIA Pablo Valcarce UD LogroñésRescisión de contrato4 de xullo de 2024POR Alberto Sánchez FabrilBaixado ao filial30 de xuño de 2024MED Pablo Muñoz MarbellaCesión30 de agosto de 2024DIA Berto Cayarga Real UniónRescisión de contrato30 de agosto de 2024DEF Iano Simão ArenteiroCesión30 de agosto de 2024MED Rubén López Barcelona AtlèticCesión30 de agosto de 2024DIA Raúl Alcaina Real MurciaCesión30 de agosto de 2024DIA Chacón Cultural LeonesaCesión22 de xaneiro de 2025DIA Lucas PSV EindhovenRescisión de contrato22 de xaneiro de 2025POR Eric Puerto MarbellaCesión3 de febreiro de 2025DEF Davo Real MurciaCesión
Xogadores
Cadro actual NºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px1PORGermán Parreño5010602AUSDenis Genreau91009113DIAEddahchouri1640016414DEFPablo Martinez2701028045DEFDani Barcia1600016056DEFPetxarroman2701028047MEDDiego Gómez1700017028MEDVillares40410414319DIABarbero366003663110MEDYeremay3815003815211MEDTošić600060112MEDMfulu26000260513PORAlberto Sánchez00000014DIAHerrera2221023215DEFPablo Vázquez42200422416DIAGauto1401015017MEDMella336103461118DEFEscudero13000130119DEFJaime Sánchez16010170220MEDJosé Ángel28000280521DIAMario Soriano42510435422MEDHugo Rama14010150123DEFXimo Navarro294002944124DIABouldini20100201225PORHelton Leite370003702Xogadores do xuvenil e do filialNºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px28MEDPatiño701080130MEDGuerrero20002032DIAKevin30003033DEFObrador32010330535DEFAarón Sánchez00101037MEDAlfaro101020
Xogadores que deixaron o equipo NºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px7DIALucas19410204511DEFDavo901010013POREric Puerto00000024DIAChacón1000100
Clasificación
+ PéPosEquiposPXPGPEPPGFGCDifPtsNotas 1Levante42221356942 +2779Ascenso a Primeira División 2Elche42221195934 +2577 3Oviedo42211295642 +1475Promoción de ascenso a Primeira División4Mirandés42229115940 +19755Racing de Santander422011116551 +14716Almería421912117255 +17697Granada421811136554 +11658Huesca421810145849 +9649Eibar421513144441 +35810Albacete421513145757 05811Sporting de Gijón421414145754 +35612Cádiz421413155553 +25513Córdoba421413155963 −455 14Burgos421510174148 −755 15Deportivo da Coruña421314155654 +253 16Málaga421217134246 −453 17Castellón421411176563 +253 18Zaragoza421312175663 −751 19Eldense421112194463−1945Descenso a Primeira Federación 20Tenerife42812223555−203621Racing de Ferrol42612242264−423022Cartagena4262313576−4123
Evolución +Xornada123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142Posición19º19º15º15º19º19º18º19º17º18º19º20º18º15º17º18º15º15º15º14º17º17º14º16º12º10º13º13º10º11º12º14º11º11º11º11º12º10º12º13º1515 Partidos
Pretempada e amigables
Segunda División
Copa do Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia do Deportivo da Coruña
2024 Categoría:Fútbol en 2024 Categoría:Fútbol en 2025