Ernst Bertil Tagesson af Klercker, nado o 31 de xaneiro de 1910 en Estocolmo e finado o 21 de abril de 1986 en Flen, condado de Södermanland, foi un avogado e numismático sueco.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Bertil af Klercker naceu en 1910 na antiga parroquia militar de Svea Livgarde, fillo de Märta Boheman e do xeneral de división Tage af Klercker.Harnesk, P. (1962). Tivo tres irmáns, chamados Stig Fredrik, Tage e Carl Göran af Klercker."Ernst Bertil Tagesson af Klercker". Geni.com

Carreira profesional Logo da súa licenciatura en Dereito en 1947 na Universidade de Estocolmo, Bertil af Klercker acadou o seu doutoramento en Dereito en 1948, cunha tese titulada "Equiparación de resultados entre distintos exercicios fiscais na tributación da renda empresarial consonte a lexislación sueca".LLt. (1986).Åhman, O. (2012). "Advokaten som rättsvetenskapsmant: Bertil af Klercker (1910-1986)". En Sveriges advokatsamfund 125 år. DanagårdLiTHO AB, Ödeshög. Páxina 366. ISBN 978-91-637-1711-6

No ámbito militar licenciouse como oficial da reserva en 1930; foi capitán da reserva do rexemento de infantaría de Socorristas de Svea desde 1943 e dirixiu o seu departamento fiscal desde 1946.

Tamén foi membro experto do Comité de Impostos de Distribución entre 1949 e da Investigación Fiscal en 1957.

Numismática Á marxe da súa dedicación profesional, tamén foi un numismático prestixioso no seu país. O seu interese pola numismática naceu na súa infancia, cando comezou a coleccionar moedas de temática relacionada coa natureza, e co tempo foi especializando a súa colección na moeda europea e das colonias posterior a 1500. En 1940 ingresou na Sociedade Numismática Sueca (SNS); pertenceu á súa xunta directiva a partir de 1949 e foi o presidente desta entidade entre 1961 e 1962."SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.es). Tamén foi un asiduo colaborador nas exposicións organizadas pola SNS coa colaboración do Gabinete Real de Moedas de Estocolmo. En 1979 recibiu como agradecemento a Medalla ao Mérito de la SNS.

Outra das súas grandes afeccións foi golf, e Klercker foi un dos fundadores do Rotary Club de Estocolmo.

Vida persoal Bertil af Klercker estivo casado con Inger Emanuelsson (1925-1995).

Finou o 21 de abril de 1986, na parroquia de Vadsbro, condado de Södermanland.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Harnesk, P. (1962). "af Klercker, E Bertil". En Vem är Vem? / Stor-Stockholm. 1962. Páxina 702. LLt. (1986). "Bertil af Klercker 1910-1986". En Svensk M¡Numismatisk Tidskrift. Setembro. Svenska numismatiska föreningen. Páxina 156.

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Presidentes da Sociedade Numismática Sueca Categoría:Avogados Categoría:Militares de Suecia