Nos países que aplican o sistema de Westminster (maiormente membros da Commonwhealth) o goberno na sombra ou gabinete na sombra (en inglés shadow cabinet) tamén chamados goberno sombra ou gabinete sombra, inclúe os deputados dun partido da oposición que, baixo a dirección do líder do seu partido, forman un gabinete ou consello de ministros alternativo ao do goberno. Cada membro do gabinete na sombra é responsábel dunha área determinada e de supervisar e criticar a actuación dun ministro do goberno.
Os membros do gabinete en sombra son xeralmente chamados «ministro na sombra de [nome do ministerio supervisado]» (“ ..."). Na Cámara dos Comúns do Canadá, falamos máis ben de «crítico» e na Cámara dos Lords británica ou na Cámara de Representantes de Nova Zelandia de «portavoz» de área.
Se o partido da oposición pasa a gobernar, é habitual que o ministro na sombra reciba a carteira ministerial do goberno que se encargaba de supervisar mentres estaba na oposición.
Aplicación En xeral, é o líder da Oposición Oficial quen reparte os cargos do gabinete na sombra entre os deputados do seu partido.
Nalgúns partidos, especialmente o Partido Laborista de Australia, é o grupo parlamentario o que elixe os ministros na sombra desde dentro e o líder asígnalles carteiras..
Terceiros Cando hai máis de dous partidos representados na cámara, os partidos da oposición distintos do que forma a oposición oficial, ou "líder da oposición", tamén adoitan nomear gabinetes sombra. En Irlanda, os partidos da oposición e os deputados independentes poden formar un grupo técnico para ter máis dereitos dentro do Dáil Éireann.
Outros países Fóra dos países que aplican o sistema de Westminster, algúns partidos políticos e sistemas electorais non esencialmente bipartidistas tamén se estableceron gobernos na sombra ou adoptaron prácticas similares.
En Alemaña é chamado ou ao Bundestag; en Francia é o contragoberno; no Xapón é Seguinte Xapón ou dito tamén en inglés, «Shadow Cabinet».
O BNG conformou un «Goberno na sombra» xusto despois das Eleccións ao Parlamento de Galiza de 2024 para facer unha "marcaxe á Xunta".
En 1995, o líder do PP andaluz, Javier Arenas, empregou o termo para falar da súa oposición ao goberno da Junta de Andalucía, mais, paradoxalmente, deixou de empregalo cando as enquisas lle foron máis favorábeis. Posteriormente tamén foi anunciado en Cataluña e de novo en Andalucía.
En Portugal, o PSD Moreira prometeu en 2022 un "Governo sombra à inglesa"; Governo Sombra é tamén o nome dun programa de debate político portugués en clave de humor, frecuentemente comparado co Eixo do Mal, da mesma canle SIC Notícias.
Notas
Categoría:Ciencia política Categoría:Goberno