O asasinato de Nagore Laffage foi o homicidio, en 2008, dunha moza de Irún a mans de Diego Yllanes durante os Sanfermines e que causou gran repercusión nos medios de comunicación e unha intensa reacción social.
Feitos Nagore Laffage, naceu en Irún en 1988. Estudou enfermaría en Pamplona, onde coñeceu a José Diego Yllanes Vizcay, un médico de 27 anos que facía o MIR de psiquiatría na Clínica Universitaria de Pamplona (Universidade de Navarra). Coincidiron na noite do luns 7 de xullo de 2008 nas festas de San Fermín. Após conversar un pouco, Nagore despediuse dos amigos e acompañou a José Diego á súa casa. Alí tentou violala e cando ela se resistiu, deulle unha brutal malleira. A autopsia revelou que o corpo presentaba 36 golpes, a mandíbula rota e o cranio fracturado; Nagore morreu, finalmente, estrangulada.
O homicida confeso telefonou un amigo o 8 de xullo, pedindo axuda para desfacerse do cadáver, que tentou desmembrar. Xusto esa persoa puxo os feitos en coñecemento da Policía. Yllanes recolleu as súas pertenzas, limpou o piso e deixou o cadáver en Orondritz, a 45 minutos da escena do crime.
Xuízo O xurado popular considerou probada a culpabilidade pero non a categoría de asasinato (6 membros considerárono asasinato e 3 homicidio, mais precisábanse 7). Foi condenado a doce anos e medio de prisión. O 3 de xullo de 2017, pouco antes do noveno aniversario da morte de Nagore, Yllanes conseguiu que lle concedesen o terceiro grao de prisión, volvendo só a prisión para durmir. Traballa como psiquiatra nun centro privado e desde 2020 pode exercer na sanidade pública.miniatura|Asun Casasola, nai de Nagore.
En marzo de 2024, a Audiencia Nacional desestimou o recurso presentado por José Diego Yllanes Vizcay, no que invocaba o seu dereito ao esquecemento e solicitaba a Google que retirase a nova relacionada cos feitos polos que foi condenado. A Sala considera que a liberdade de expresión e de información prima sobre o dereito ao esquecemento. Impacto social O asasinato de Nagore e o papel público da súa nai Asun Casasola fortaleceron a conciencia social de tolerancia cero, non só cos delitos, senón tamén contra calquera violencia machista. Nagore Laffage converteuse nun símbolo desta loita social e denuncia, tamén no que se refire á xustiza española. En 2011 Helena Taberna dirixiu un documental sobre o caso, titulado Nagore, coa participación de Asun Casasola que constitúe o fío condutor da historia. Esta produción foi nomeada a 5 premios Goya.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Violencia de xénero Machismo Feminicidio Ana Orantes
Categoría:Violencia contra as mulleres Categoría:2008 Categoría:Pamplona Categoría:Asasinatos en España