Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

Xeografía Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.

Poboación

Censo total 2014 4.362 habitantes Menores de 15 anos 588 (13.48 %) Entre 15 e 64 anos 2.732 (62.63 %) Maiores de 65 anos 1.042 (23.89 %)

Patrimonio Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes. É o motivo principal do escudo do concello de Moraña.

Moraña na cultura popular galega En Moraña cren que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer Gran Enciclopedia Galega: s. v. agonía..

Cantigueiro Ai aldea de Soar,/ non é unha que son todas,/ poñen dous pares de medias/ para ter as pernas gordas Soar é unha aldea de San Lourenzo de Moraña. Fonte: Xavier Castro. Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella Refírese, como na seguintes cantigas, á Virxe dos Milagres de Amil. Gran Enciclopedia Galega II, s. v. Amil. Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo Fermín Bouza Brey 1929, 189. No orixinal: âs rapaciñas. Bouza Brey di que o santuario dos Milagros se sitúa no concello de Cuntis, pero ten que referirse á virxe dos Milagros de Amil, Moraña, concello lindeiro con aquel.. Miña Virxe dos Milagros/ vive no alto do Chan,/ para ver os mariñeiros/ como bogan polo mar A Chan é un lugar da mesma parroquia de Amil.. Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira Santa Xusta de Moraña é parroquia de Moraña. Bouza Brey 1929, 184.Xaquín Lorenzo Fernández, 244.. Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira Bouza Brey 1929, 184..

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Moraña Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Moraña vexa: Lugares de Moraña.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. CASTRO, Xavier: Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX. Nigra Trea, Vigo 2007. Gran Enciclopedia Galega, Ed. Silverio Cañada, Lugo 2003. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.

Outros artigos Eleccións municipais en Moraña