miniatura|250px O leonés (llionés ou llïonés) é unha lingua románica desenvolvida a partir do latín vulgar e que forma parte do subgrupo lingüístico asturleonés xunto co mirandés e o asturiano. Tradicionalmente designouse co nome 'leonés' o dominio lingüístico todoRamón Menéndez Pidal El dialecto leonés, 1906. Non hai conciencia entre os falantes das tres modalidades lingüísticas de constituíren unha única lingua, así e todo a Academia de la Llingua Asturiana procura fomentar unha converxencia entre os diferentes estándares do dominioCarlos Valcárcel: Xeolingüística da periferia románica atlántica: linguas e lugares. Universidade de Santiago de Compostela, 2008, páxina 574, e tamén unha parte importante dos escritores leoneses que escriben nos seus dialectos propios adaptando as normas ortográficas da lingua asturiana, así o fan Eva González, Roberto González-Quevedo, Héctor Xil ou Xosepe Vega pero non existe unha norma común leonesaJ.R.Morala Rodríguez, José R. y Ma Cristina Egido Fernández (2009), “A vueltas con una norma para el leonés”, en José R. Morala (ed.), El Leónés en el siglo XXI. Un romance milenario ante el reto de su normalización, Instituto Castellano y Leonés de la Lengua, Colección Beltenebros, 23, pp. 209-241. O leonés é a lingua patrimonial de gran parte da rexión leonesa, que comprende as provincias de León, Zamora e Salamanca.

Situación actual A situación do leonés como lingua minorizada levouno ao bordo da extinción, polo que está considerada como unha lingua en perigo pola UNESCO. Estanse a facer algúns esforzos para gañar aceptación entre a poboación urbana, así o concello de León e outros como Zamora, Coyanza, Mansilla de las Mulas ou La Bañeza fan ou fixeron campañas para o ensino do leonés, pero non forma parte do currículo escolar regrado nin se utiliza na administraciónEuropean Charter for Regional or Minority Languages – Third report of the Committee of Experts in respect of Spain 2012. Malia que no ano 2007 a reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León recolleu no artigo 5.2 a protección específica do leonés por parte das institucións, a regulación da súa protección, uso e promoción aínda non se realizou. Hoxe mantense viva no norte da provincia de León, na serra da Cabreira, e tamén é falada pola xente maior do oeste de Zamora.

A pesar das dificultades, o número de xente nova que aprende e o usa (na súa maioría na escrita) rexistrou un incremento nos últimos anos, na súa meirande parte en grupos intelectuais e políticos orgullosos da súa identidade rexional/nacional, como por exemplo a Asociación Cultural de la Llingua Llïonesa El Fueyu en León e Zamora, a Asociacion Berciana en Defensa de la Llingua Llïonesa El Toralín no Bierzo. Hai tamén diversas asociacións culturais en León, que traballan para o recoñecemento e dignidade da lingua leonesa, é o caso de El Teixu, Faceira, Furmientu, Facendera pola Llengua e La Caleya.

A modalidade leonesa mirandesa goza do recoñecemento de lingua oficial en Portugal. miniatura|esquerda|Provincias onde se mantén a lingua leonesa.

Presenza social En varios concellos da provincia leonesa e de Zamora comeza a empregarse o leonés nalgunhas das súas comunicacións; e organizacións, colectivos e asociacións de distinto tipo, como Conceyu Xoven, ou o Conseyu da Mocedá de la Ciudá de Llión (Consello Local da Mocidade) utilizan o leonés na súa denominación e actividades. Hai varias asociacións que defenden esta lingua, como Furmientu, Facendera pola Llengua, La Caleya, Faceira,El Teixu, El Fueyu en León e Zamora, El Toralín na Comarca do Bierzo.

Recoñecemento legal A única referencia legal que existe actualmente aparece na reforma do Estatuto de Castela e León, que marca no artigo 5ª do Título Preliminar:

«o leonés será obxecto de protección específica por parte das institucións polo seu particular valor dentro do patrimonio lingüístico da Comunidade. A súa protección, uso e promoción serán obxecto de regulación».

A Deputación provincial de León promoveu o leonés coa sinatura dun convenio coa Asociación Cultural da Lingua Leonesa "El Fueyu" para o ensino do leonés, así como os concellos de León, Mansiella (Mansilla de las Mulas), Coyanza (Valencia de Don Juan), La Bañeza e Zamora.

Leonés/asturiano/mirandés O leonés, asturiano e mirandés son os tres glotónimos pertencentes ao dominio lingüístico leonés ou asturleonés. Para a codificación do asturiano sustentouse a base no dialecto central falado en Asturias, base do asturiano normativo. O leonés que se escribe na actualidade está formado maioritariamente por variedades do leonés occidental, o que ten diferenza con máis falantes patrimoniais. O mirandés deu maior preponderancia ao propio mirandés que ao sendinés, servindo o primeiro de modelo normativo.

Sociolingüística

Asturianos e leoneses consideran os dous idiomas como "linguas diferentes": mentres un 82,6% dos asturianos consideran que non existe asturiano máis aló das fronteiras da comunidade autónoma (II Estudo Sociolingüístico de Asturias. Llera Ramo e San Martín Antuña, 2002), no I Estudiu Sociollingüísticu de Lleón (González Riaño e García Arias, 2006) case o 70% dos leoneses do norte da provincia de León dicían que leonés e asturiano non eran a mesma lingua. Os mirandeses, xa desde a Convenção Ortográfica da Língua Mirandesa de 1999, aínda que falan de "Zonas leonesas en Portugal" identifican o mirandés como un idioma diferenciado.

Exemplo Tomouse o artigo 1º, da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:

Tódolos seres humanos ñacen llibres y iguales en dignidá y dreitos y, dotaos cumo están de razón y concéncia, han portase fraternalmente los unos pa coños outros.

Llengua llionesa e linguas romances

Leonés Portugués Francés Italiano Veneciano Español Piemontés Latín Galego faere fazer faire fare far hacer fé facere facer fiyu filho fils figlio fio(l) hijo fieul filius fillo fame fome faim fame fame hambre fam famis fame gochu porco cochon maiale porse(l)o cerdo crin sus porco / cocho vieyu velho vieux vecchio vecio viejo vecc vetus vello chovere chover pleuvoir piovere piòvar llover pieuve pluere chover

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Héctor García Gil. El asturiano-leonés: aspectos lingüísticos, sociolingüísticos y legislación Furmientu Asociación zamorana en defensa da lingua leonesa Faceira Asociación leonesa en defensa da lingua leonesa El Teixu Asociación astorgana en defensa da lingua leonesa Contraste entre o galego e o leonés, programa da TVG Ben Falado

Categoría:Lingua leonesa