O Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento é un día mundial de celebración e acción declarado pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) para conmemorar a importante contribución da ciencia á paz e ao desenvolvemento.
Tamén pretende recoñecer as contribucións da UNESCO á ciencia, incluíndo a “Declaración sobre a ciencia e o uso do coñecemento científico” e a “Axenda científica — Marco para a Acción" (Science Agenda — Framework for Action), ambas adoptadas na Conferencia Mundial sobre a Ciencia de 1999 (actualmente World Science Forum) en Budapest, Hungría.
Tras esta conferencia, a UNESCO proclamou o Día Mundial da Ciencia en 2001. Desde entón, celébrase anualmente o 10 de novembro. Os Premios da Ciencia da UNESCO preséntanse como parte do Día Mundial da Ciencia.
Outros días dedicados á ciencia
Días internacionais das Nacións Unidas
O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Outros días dedicados á ciencia non promovidos pola ONU
Día da Ciencia en Galego Día da Ciencia en Galicia
Outros días dedicados á paz
Días internacionais da ONU
O 8 de marzo é o Día das Nacións Unidas para os Dereitos da Muller e a Paz Internacional, ademais do Día Internacional da Muller. O 6 de abril é o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz. O 16 de maio é o Día Internacional da Convivencia en Paz. O 21 de setembro é o Día Internacional da Paz.
Outros días similares non promovidos pola ONU
O 1 de xaneiro é o Día Universal da Fraternidade, establecido en 1935 por Getúlio Vargas) Tamén o 1 de xaneiro, establecido en 1967 polo Papa Paulo VI, é o Día Mundial da Paz.
Notas
Véxase tamén
Ciencia Desenvolvemento humano Desenvolvemento sustentábel Lista de días internacionais oficiais das Nacións Unidas Paz Símbolos de paz
Ligazóns externas
Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas