A Gran Depresión, tamén chamada Crise de 1929, foi unha gran recesión económica que tivo inicio en 1929, e que persistiu ao longo da década de 1930, terminando coa chegada da segunda guerra mundial.John A. Garraty, The Great Depression (1986) A Gran Depresión é considerada a peor e o máis longo período de recesión económica do século XX. Este período de recesión económica causou altas taxas de desemprego, caídas drásticas do produto interior bruto de diversos países, así como caídas drásticas na produción industrial, nos prezos de accións, e en practicamente todo medidor de actividade económica, en diversos países do mundo.Charles Duhigg, "Depression, You Say? Check Those Safety Nets", New York Times, 23 de marzo do 2008
O día 29 de outubro de 1929 é considerado popularmente o comezo da Gran Depresión. Porén, as taxas na caída da produción industrial americana xa comezaran a caer a partir de xullo do mesmo ano, causando un período de leve recesión económica que se estendeu até o 29 de outubro, cando valores de accións na bolsa de valores de Nova York, a New York Stock Exchange, caeron drasticamente no chamado crac da Bolsa de Nova York, desencadeando o Xoves Negro. Así, milleiros de accionistas perderon, literalmente, da noite ao día, grandes sumas de diñeiro. Moitos perderon todo o que tiñan. Esta quebra na bolsa de valores de Nova York empeorou drasticamente os efectos da recesión xa existente, causando unha gran deflación e caída nas taxas de venda de produtos, que á súa vez obrigaron ao peche de moitas empresas comerciais e industriais, elevando así drasticamente as taxas de desemprego.
Os efectos da Gran Depresión foron sentidos no mundo enteiro. Estes efectos, aínda que a súa intensidade, variaron segundo o país. Outros países, alén dos Estados Unidos, que foron duramente castigados pola Gran Depresión foron Alemaña, Australia, Francia, Italia, o Reino Unido e especialmente o Canadá. No entanto, en certos países pouco industrializados nesa época, como a Arxentina e o Brasil, a Gran Depresión acelerou o proceso de industrialización.
Os efectos negativos da Gran Depresión atinxiron o seu cumio nos Estados Unidos en 1933. Neste ano, o Presidente americano Franklin Delano Roosevelt aprobou unha serie de medidas coñecidas como New Deal. Esas políticas económicas, adoptadas case asemade por Roosevelt nos Estados Unidos e por Hjalmar Schaact na Alemaña nazi foron, 3 anos máis tarde, racionalizadas por Keynes na súa obra clásica.
O New Deal, xuntamente con programas de axuda social realizados por todos os estados americanos, axudaron a minimizar os efectos da Depresión a partir de 1933. A maioría dos países atinxidos pola Gran Depresión pasaron a recuperarse economicamente a partir de entón. Nalgúns países, a Gran Depresión foi un dos factores primarios que axudaron á ascensión de réximes de extrema-dereita, como os nazis comandados por Adolf Hitler en Alemaña. O inicio da segunda guerra mundial terminou con calquera efecto remanescente da Gran Depresión nos principais países afectados.
Nome
miniatura|dereita|250px|Venres negro, 9 de maio de 1873, bolsa de Viena, que estivo seguido dun pánico económico e unha depresión prolongada. O termo "A Gran Depresión" atribúese, polo xeral, ao economista británico Lionel Robbins, que o recollía no seu libro The Great DepressionWhen Did the Great Depression Receive Its Name? (And Who Named It?), 16 de febreiro de 2009, por Noah Mendel, History News Network (1934). Aínda que se adoita atribuír a popularización do termo a Hoover,The Glory and the Dream: A Narrative History of America, 1932–1972, William Manchester o certo é que xa o empregara outra xente anteriormente, con usos tales como "a depresión económica non se pode solucionar con accións lexislativas ou ditames executivos" (discurso no congreso estadounidense en decembro de 1930) e "non necesito contarlle que o mundo está a pasar por unha gran depresión" (1931).
O termo "depresión" para referirse a unha recesión económica data do século XIX, cando o utilizaron diversos economistas e políticos, tanto británicos coma estadounidenses. De feito, a primeira gran crise estadounidense, o pánico de 1819, foi descrita polo presidente James Monroe como "unha depresión", e na última crises anterior á Gran Depresión, a depresión de 1920–21, recibiu ese nome de "depresión" polo daquelas presidente Calvin Coolidge.
As crises financeiras recibiron tradicionalmente o nome de "pánicos",como o Pánico de 1907, ou o pánico de 1910–1911, a pesar de que a crise de 1929 recibiu o nome de "Crac", e o termo "pánico" caeu en desuso dende entón. Na época da Gran Depresión, xa se viñera utilizando ese termo anteriormente para se referir ao período dende 1873 a 1896 no Reino Unido, e tamén ao período de 1873 a 1879 nos Estados Unidos, que posteriormente se renomearía como Depresión prolongada.
Causas da Gran Depresión Economistas, historiadores e científicos políticos crearon diversas teorías para a causa, ou causas, da Gran Depresión, cun sorprendente pouco consenso. A Gran Depresión permanece como un dos eventos máis estudados da historia da economía mundial. Teorías primarias inclúen a quebra da bolsa de valores de 1929, a decisión de Winston Churchill de facer que o Reino Unido pasase a empregar novamente o patrón ouro en 1925, que causou unha masiva deflación no Imperio Británico, o colapso do comercio internacional, a aprobación da Lei da Tarifa Smoot-Hawley, que aumentou os impostos de preto de 20 mil produtos no país, a política da Reserva Federal dos Estados Unidos de América, e outras influencias.Economics focus: The Great Depression The Economist
Segundo teorías baseadas na economía capitalista concéntranse na relación entre produción, consumo e crédito, estudado pola macro-economía, e en incentivos e decisións persoais, estudado pola micro-economía. Estas teorías están feitas para ordenar a secuencia dos eventos que causaron eventualmente a implosión do sistema monetario do mundo industrializado e as súas relacións de comercio. Teorías baseadas na economía marxista concéntranse na relación do control da produción e da concentración de renda. Para os marxistas, a Gran Depresión é o tipo de crise á que o capitalismo é vulnerable, e sucesos deste tipo non son sorprendentes.
Foron creadas outras teorías heterodoxas sobre a Gran Depresión, que gradualmente comezaron a gañar credibilidade. Estas teorías inclúen a teoría da actividade de longo ciclo e que a Gran Depresión foi un período na intersección da crista de diversos longos e concorrentes ciclos.;
Máis recentemente, unha da teoría máis aceptadas entre economistas é que a Gran Depresión non foi causada primariamente pola quebra das bolsas de valores de 1929, alegando que diversos sinais na economía americana, nos meses, e mesmo anos, que precederon á Gran Depresión, indicaban que esta crise estaba xa en camiño nos Estados Unidos e Europa. Actualmente, a teoría máis en voga entre os economistas é a de Peter Temin. Segundo Temin, a Gran Depresión foi causada pola política monetaria desastrosamente mal planeada pola Reserva Monetaria dos Estados Unidos de América, nos anos que precederon á Gran Depresión. A política de reducir as reservas monetarias foi unha tentativa de reducir unha suposta inflación, o que de feito soamente agravou o principal problema na economía americana da época, que non era a inflación, senón a deflación.
Creba na Bolsa de Valores de Nova York
O 24 de outubro de 1929, os prezos estabilizáronse ao longo do final de semana, para caeren drasticamente novamente o luns, 28 de outubro. Moitos accionistas comezaron a ter pánico. Preto de 16,4 millóns de accións entraron subitamente á venda o martes, 29 de outubro, día actualmente coñecido como Martes Negro. O exceso de accións á venda e a falta de compradores fixeron que os prezos destas acción caese preto do 80%. Con isto, milleiros de persoas perderon grandes sumas de diñeiro. Os prezos destas accións continuarían a flutuar, caendo gradualmente nos seguintes tres anos. Os milleiros de persoas que tiñan todas as súas riquezas en forma de accións eventualmente perderon todo o que tiñan.
A súbita creba da Bolsa de Valores de Nova York causou grande incerteza entre a poboación americana, en canto ao futuro do país. Moitos decidiron cortar gastos superfluos. Outras persoas, aquelas que compraran produtos a través de empréstitos e prestacións, reduciron aínda máis os seus gastos, e así poder economizar cartos para efectuaren os seus pagamentos. A súbita queda nas vendas do sector comercial americano estendeu a recesión ao sector industrial e comercial dos Estados Unidos.
As altas taxas de xuros dos Estados Unidos foron un dos factores que espallaron a Gran Depresión a Europa. Os países europeos (especialmente aqueles que se utilizaban do padrón ouro para manteren un troco fixo cos Estados Unidos) foron obrigados a aumentaren drasticamente as súas propias taxas de xuros, o que levou á redución de gastos por parte dos comerciantes e habitantes destes países, e levou á caída na produción industrial destes.
A economía dos Estados Unidos de América entrou nunha fase de gran recesión económica que perduraría até 1933. Durante este período, milleiros de estabelecementos bancarios, financeiros, comerciais e industriais foron pechados. Outros foron obrigados a despediren parte dos seus traballadores e/ou a reduciren salarios en xeral.
A Gran Depresión nos Estados Unidos de América 250px|dereita|miniatura|A Gran Depresión causou pobreza xeral nos Estados Unidos e en diversos países do mundo. Familia desempregada, vivindo en condicións miserables, en Elm Grove, California, Estados Unidos.
Coa creba da Bolsa de Valores de Nova York de 1929, bancos e investidores perderon grandes cantidades de cartos. A situación dos bancos era agravada polo feito de que moitos destes bancos emprestaran grandes sumas de diñeiro a facendeiros. Após o inicio da Gran Depresión, con todo, estes facendeiros tornáronse incapaces de pagaren as súas débedas. Isto, á súa vez, causou a caída das ganancias destas institucións financeiras. Persoas que se servían de bancos, temendo unha posible bancarrota destas, tiraron os seus fondos destes bancos. Así, varias institucións bancarias foron pechadas. O total de institucións bancarias pechadas durante a década de 1920 e de 1930 foi de 14 mil.
O 17 de maio de 1930, o goberno dos Estados Unidos aprobou unha lei, a Lei Tarifaria Smoot-Hawley, que aumentaba as tarifas alfandegueiras en preto de 20 mil produtos imperecedoiros estranxeiros. O Presidente americano Herbert Hoover pedira ao Congreso dos Estados Unidos de América unha diminución nos impostos, mais o Congreso, ao contrario disto, votou a favor do aumento dos impostos. Un manifesto, asinado por mil economistas, pediu ao presidente americano rexeitar este aumento. A pesar disto, Hoover asinou a Lei o 17 de maio. O Congreso e o Presidente pensaban que isto iría reducir a competitividade de produtos estranxeiros no país. Porén, outros países reaccionaran a través da aprobación de leis e actos semellantes, causando unha caída súbita nas exportacións americanas. As taxas de desemprego subiron de 9% en 1930 a 16% en 1931, e 25% en 1933. Durante a década de 1930, a taxa de desemprego nos Estados Unidos non retornaría máis ás taxas de 9% de 1930, manténdose ó redor do 20%.
Co crecente fechamento de institucións bancarias, menos fondos estaban dispoñibles no mercado americano, facendo que a caída na produción industrial americana continuase a caer. En 1929, o valor total dos produtos industrializados fabricados nos Estados Unidos foi de 104 billóns de dólares. En 1933, este valor caera a 56 billóns, unha caída de aproximadamente o 45%. A produción de aceiro caeu preto do 61%, entre 1929 e 1933, e a produción de automóbiles caeu preto do 70% no mesmo período.Is today's economic crisis another Great Depression?, By John Waggoner, USA TODAY, 11/3/2008