miniatura|Contaminación por aerosol na India setentrional e Bangladesh.
En enxeñería ambiental, denomínase aerosol a un coloide de partículas sólidas ou líquidas suspendidas nun gas. O termo aerosol refírese tanto ás partículas como ao gas no que as partículas están suspendidas. O tamaño das partículas pode ser desde 0,002 µm a máis de 100 µm, isto é, desde unhas poucas moléculas ata o tamaño no que ditas partículas non poden permanecer suspendidas no gas polo menos durante unhas horas.)
Usos e características Ás veces, os aerosois son empregados como drogas para a súa inhalación. O termo "inhalantes" se utiliza para describir unha variedade de substancias cuxa característica común é que rara vez, ou nunca, son empregadas por outra ruta que non sexa pola de inhalación e o seu consumo ten a intención de provocar algún efecto no organismo do consumidor.
Os aerosois son difusores que conteñen propulsores e disolventes. Estes inclúen as pinturas pulverizadas, atomizadores para desodorizantes e fixadores de pelo, difusores de aceite vexetal para cociñar e difusores para protexer tecidos.
Notas
Categoría:Química coloidal Categoría:Dinámica de fluídos Categoría:Coloides