O pradairo común ou pradairo bravoNomes vulgares galegos en Buscatermos e diferente bibliografía: Vocabulario do medio agrícola. [Santiago de Compostela], Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009, tamén chamado sicómoro, (Acer pseudoplatanus L.) é unha árbore caducifolia do xénero Acer, da familia Sapindaceae, antes da antiga familia Aceraceae, común en Galicia, especialmente en solos húmidos. Moitas veces recibe simplemente o nome de pradairo.
Descrición O pradairo bravo é unha árbore grande, de talo lanzal, que pode acadar 35 m de altura e un diámetro duns 3,5 m ( a 1,5 m sobre o chan). A cortiza é de primeiras dun gris amarelento, logo gris avermellado, e pode escamar en placas grandes. As follas son opostas (como en todas as árbores do xénero acer), caducas, palmadas con cinco lobos en punta, de dentes romos, separados por seos agudos. Estas follas, de pecíolo longo, son verde-escuras na cara superior e verde-glauco no anverso, onde mostran pelos nos nervios.
As flores de cor verde-amarelo, agrupadas en corimbos, aparecen antes que as follas. Teñen 5 sépalos, 5 pétalos e 8 estames. Os froitos son en sámara con ás largas e pregadas, formando ángulo recto.
É unha árbore de crecemento rápido nos primeiros anos, que rebrota doadamente do tronco cando se lle corta. Florece entre 20 a 25 anos, en abril e maio. Os froitos aparecen a finais do verán e mantéñense bastante na árbore. Prefire chans ricos e, sobre todo, calcarios. Polo xeral aparece en poboacións espalladas no medio doutras especies, especialmente acompañando faias e abetos. En Galicia pode verse no interior á beira de ríos e regatos e nos parques e alamedas.
Utilización O pradairo común, coma outros pradairos, cultívase como planta ornamental, aínda que en Galiza este uso non é común, agás en variedades de follas púrpuras. A madeira, branca e bastante dura, úsase en carpintería e en torneados. Un emprego salientable é para fabricación de instrumentos musicais. En tempos utilizouse para facer zocas. Fornece tamén unha excelente madeira para queimar.
Mitoloxía Segundo a tradición alemá as cegoñas engadían pólas de pradairos para evitar a esterilidade que lle traían os morcegos. E na mitoloxía húngara está asociado cos malos recordos e a melancolía segundo a lenda un pastor fixo unha frauta cunha póla dun pradairo e ao tocala contaba a historia dunha princesa asasinada por envexa polas fillas do rei e que este soterrou baixo o pradairo.
Nome común Tilo, pradio, pradia, prádeo, pradairo, pradaira, prada, plátano silvestre, pladairo, pedrairo, padreiro, padrairo, arce, apradairo, alce, álamo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Acer (xénero) Ligazóns externas
Común Categoría:Árbores de Galicia Categoría:Árbores Categoría:Árbores de ribeira Categoría:Árbores forestais Categoría:Flora de Europa Categoría:Madeiras