miniatura|O ovo. A freira gon-gon (Pterodroma feae) é unha especie de ave procelariforme da familia dos proceláridos (Procellariidae). Está estreitamente relacionado coa freira da Madeira (P. madeira) e a freira das Desertas (P. deserta), outras dúas especies que recentemente se separaron de P. mollis.
Distribución e hábitat É unha especie endémica de Macaronesia. Nidifica exclusivamente nos arquipélagos da Madeira e de Cabo Verde (Santiago, Fogo, Santo Antão, São Nicolau). No arquipélago da Madeira reprodúcese só en Bugio, unha das tres illas que compoñen As Desertas. A súa distribución semella que foi máis ampla no pasado, pois existen rexistros fósiles que indican a presenza en Deserta Grande, Madeira e no Illote de Cal (Porto Santo). miniatura|Freira gon-gon. A especie fai os seus niños en dúas mesetas da illa Bugio, que se caracteriza pola existencia de solo profundo (superior a 1 m) e suave, polo que permite a escavación dos niños. Ademais, as aves tamén utilizan tobos abandonados de coellos, os buracos nas rocas e zonas de pedras soltas (o hábitat máis común en Cabo Verde). A distancia entre a entrada e a cámara do niño onde se depositan os ovos varía de niño a niño, e pode ser moi longo (máis de 2 m).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas BirdLife Especies, Ficha técnica. (en inglés)
Categoría:Aves de África