O tesouro da porta do Bispo Odoario é un conxunto de varios centos de moedas romanas de bronce do Baixo Imperio aparecido en 1935 nas proximidades desta porta da Muralla de Lugo.

Descuberta O tesouro foi descuberto en abril de 1935, ao pé da porta do Bispo Odoario —aberta esta en 1921 e acabada en 1928— na esquina Noroeste da Muralla de Lugo, a un metro de profundidade, no marco das obras de construción do edificio que albergaría a Escola Profesional de Traballo."A.1. Puerta del Obispo Odoario". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxinas 768-769Vázquez Seijas, M. (1936). Páxina 225.

As moedas estaban contidas nun recipiente de barro que foi esnaquizado polos traballadores.Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 45. O diámetro da base da vasilla era de 15,5 centímetros e, segundo os comentarios dos obreiros, tería unha altura, antes da súa destrución, duns 40 centímetros.Vázquez Seijas, M. (1936). Páxina 232. Contido miniatura|Planos das portas da Muralla de Lugo. A número 9 é a do Bispo Odoario, onde apareceu o tesouro.Documéntase a entrega das moedas en dous lotes ao Museo Provincial de Lugo, ambos o 2 de novembro de 1935. O primeiro deles, refernciado co número 783, consiste nunha doazón dunha cantidade indeterminada de pequenos bronces romanos entregados por José P. Vázquez Pimentel; o segundo, co número 791, é unha doazón conxunta de varias persoas, consistente en arredor de 600 exemplares, a maioría deles moi deteriorados pola oxidación.

Dos máis de 600 exemplares que o historiador Vázquez Seijas estudou durante o primeiro ano de coñecemento do achado, os máis antigos pertencían á época do emperador Constancio I (305-306),Vázquez Seijas, M. (1936). Páxina 226. e os máis numerosos eran do reinado de Constancio II (337-361).Vázquez Seijas, M. (1936). Páxina 229. Na súa análise deu conta tamén dun exemplar de moeda hispano-cartaxinesa.Vázquez Seijas, M. (1936). Páxina 231.

Non todas as moedas que contiña o recipiente foron parar ao Museo Provincial de Lugo, xa que se coñece que unha cantidade indeterminada foi dispersada polos obreiros logo do seu achado. En 1974, apareceron publicadas moedas romanas dunha colección particular pertencentes a este tesouro.Arias, F.; Fariña, F. (1974).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Arias, F.; Fariña, F. (1974). “Monedas de un tesorillo del siglo IV hallado en Lugo”. En Studia Archaeologica 29. Páxinas 5-13. Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9 Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9 Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9 Carnero, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444 Vázquez Seijas, M. (1936). “Del Lugo Romano. Hallazgo de monedas”. Boletín de la Real Academia Gallega. Nº 261. Páxinas 225-232.

Outros artigos Museo Provincial de Lugo

Categoría:Tesouros monetarios Porta do Bispo Odoario Categoría:Tesouros romanos Categoría:Numismática de Galicia Categoría:Historia de Lugo Categoría:Gallaecia Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Museo Provincial de Lugo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes