Inner Workings é unha curtametraxe de animación producida por Walt Disney Animation Studios. Foi escrita e dirixida por Leo Matsuda e producida por Sean Lurie. Estreouse nos cinemas o 23 de novembro de 2016 xunto con Moana.
Sinopse A curta segue o funcionamento interno de Paul, un home que viviu en California durante a década de 1980. O cerebro, o corazón, os pulmóns e o estómago de Paul (ata a súa vexiga e os riles) espertan nun día típico de traballo. O corazón expresa o seu desexo de probar un grande almorzo especial, xogar na praia e probar un novo par de lentes de sol nun stand dirixido por unha atractiva vendedora de lentes de sol chamada Kate. Porén, o cerebro simplemente quere que Paul chegue a traballar a tempo en Boring, Boring & Glum e evite posibles perigos que o cerebro coida que matarán a Paul no camiño. Farto da constante natureza apaixonada do corazón, o cerebro quítalle o control de Paul para que este poida chegar ao traballo a tempo.
Elenco Tucker Gilmore Raymond S. Persi Terri Douglas The Loop Troop
Notas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América