Östhammar é un concello sueco no condado de Uppsala. A súa capital é a localidade de Östhammar. En decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 22 138 habitantes.
Ao leste o municipio limita co de Norrtälje, no condado de Estocolmo. Ao sur limita co de Uppsala e ao leste co concello de Tierp, os dous no condado de Uppsala. Na illa Märket, no mar de Åland, Östhammar ten unha fronteira terrestre co municipio de Hammarland, na rexión finesa de Åland.
O municipio está formado por un arquipélago no leste con illas como Gräsö, Vässarö, Tvärnö, Raggarö, Fälön e Ormön.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Uppsala