Älvdalen é un concello sueco no condado de Dalarna. A súa capital é a localidade de Älvdalen, que se atopa a 37 km ao noroeste de Mora. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 6 882 habitantes.

O concello ten un clima comparable ao sur de Groenlandia e constitúe aproximadamente unha cuarta parte da área de Dalarna.

A industria turística domina a parte norte mentres que o sector industrial domina a parte sur do municipio.

Xeografía O concello de Älvdalen é aproximadamente un cuarto da superficie de Dalarna. No municipio hai parques nacionais e reservas naturais cunha superficie total de máis de 1 800 km². Aquí atópase tamén o campo de tiro de Älvdalen, que é o máis grande de Suecia cunha superficie de 540 km².

O municipio está no noroeste do condado de Dalarna e limita ao sur co municipio de Malung-Sälen e ao sueste co de Mora, os dous en Dalarna. Ao nordés limita con Härjedalen, en Jämtland, e ao oeste fai fronteira con Noruega.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Dalarna