miniatura|Mapa da estrada de circunvalación de San Petersburgo, en Rusia. En urbanismo, unha estrada de circunvalación, cinto, anel ou ronda é unha estrada, autoestrada ou avenida que circula arredor ou a través dunha cidade, área metropolitana, arrodeándoa totalmente, de xeito que os vehículos que non o precisar non teñan que ingresaren no centro urbano.
Ademais, os vehículos utilizan este tipo de estradas para escoller o acceso ao centro da cidade, ou mesmo para ir dun lugar a outro dunha metrópole. Isto diferénciaos das variantes ou bypasses, que se constrúen especificamente para que unha estrada evite o paso por unha zona urbana.
A deferenza das autoestradas ou viais de acceso, as circunvalacións vertebran as cidades, e permiten aos barrios monofuncionais da periferia teren accesos de primeira orde e ter conexión directa con outras partes da cidade e do territorio.
Circunvalacións en Galicia miniatura|Cartaz da circunvalación de Vigo, a VG-20. miniatura|Trazo da Ronda Leste da cidade de Lugo. En Galicia, así coma no resto do estado, as circunvalacións denomínanse co código da cidade do anel e dous números. O primeiro indica o raio do anel con respecto ao centro da cidade, e o segundo é un cero en referencia á forma circular da estrada. Por exemplo, a VG-20 contén o código da cidade de Vigo (VG), e o 2 indica os quilómetros que distan da centro da cidade.
Existen dificultades históricas para establecer estradas de circunvalación en Galicia, especialmente pola complexidade de competencias e propiedades das estradas, que poden pertencer a administracións locais, autonómicas, estatais e mesmo de Deputacións. Moitas circunvalacións están formadas en parte por tramos de autoestradas, como poden ser diversos tramos da Autoestrada AP-9, que de facto é empregada coma circunvalación de cidades coma A Coruña, Santiago, Vilagarcía, Pontevedra ou Vigo, así como a Autovía do Noroeste para A Coruña ou a Autovía das Rías Baixas para Vigo. Unha gran parte destes problemas de organización parten da ausencia de organismos de planificación e xestión a escala metropolitana.
En Galicia podemos atopar as seguintes circunvalacións: VG-20, en Vigo. V-14, denominada tamén coma ronda do Real Club Deportivo da Coruña ou Terceira Rolda, na Coruña. SC-20, estrada multicarril que circunvala polo leste a cidade de Santiago de Compostela. PO-10, autoestrada que circunvala a parte sur de Pontevedra. LU-021, ou Ronda Leste, en Lugo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Avenida (urbanismo)
Categoría:Elementos de composición urbana