miniatura|250x250px|Ilustración do barrio do Areal, coa praia previa aos recheos portuarios e unha arquitectura típica do litoral vigués (que tamén se poden atopar en barrios mariñeiros coma o do Berbés) con soportais e balcóns. Juan Martínez Abades, 1892. O Areal é un barrio urbano da cidade de Vigo, localizado na parroquia de Santiago de Vigo. Recibe dita denominación por acoller, antes dos recheos de ampliación do porto de Vigo, un areal en forma de media lúa.
Historia miniatura|Estación de Vigo-Guixar. O barrio do Areal, a diferenza do uso residencial actual, comezou sendo un barrio industrial e manufactureiro. Durando o século XVIII, varias familias catalás, principalmente de Barcelona e sobre todo da Costa Brava (Xirona), mudáronse á cidade, onde instalaron diferentes fábricas de salgado. Estímase que chegaron á cidade uns 15 000 cataláns. Por este motivo, o barrio coñeceuse durante varias décadas coma Barrio dos cataláns. Tamén recibiu outras denominacións, como Areal das Monxas; e a rúa homónima tivo tamén outros nomes coma Sagasta, Nicolás Salmerón ou Felipe Sánchez.
Esta inmigración catalá asentouse eminentemente no barrio, no que non só construíron ás salgaduras e factorías, senón que estableceron alí os seus domicilios e locais comerciais. O barrio comezou a medrar ao leste da contorna amurallada da cidade vella, conformándose coma un dos arrabaldes litorais xunto co barrio do Berbés. O Areal, denominado deste xeito pola presenza dunha longa praia areosa, de fondeo doado e fácil acceso para as embarcacións que comercializaban co peixe, especialmente sardiñas. A chegada de familias catalás, coñecidas popularmente como fomentadores ou promotores, trouxo consigo unha serie de cambios industriais e sociolóxicos na contorna: a xávega, unha rede de arrastre de orixe árabe de entre 300 e 600 metros; as novas técnicas de salgadura mediterráneas, como a salmoira; ou as traíñas, unhas redes voluminosas que precisaban grandes embarcacións de remo para a súa utilización. miniatura|Areal número 110. Un dos primeiros empresarios ou fomentadores que arribaron á cidade foi Buenaventura Marcó del Pont no século XVIII, e posteriormente chegaron outros como Miguel Buch, Dalmau, Ferrer, Solá, José Roura i Sala, Vicente Fábregas, Juan Escofet, Zenón Curbera, Ignacio Raich ou Miguel Safons.
O barrio desenvolveuse de xeito lineal, cunha rúa principal longa que percorría o litoral.
Co paso dos anos, as fábricas de salgadura mudaron a factorías conserveiras e outras auxiliares.
En 1853 produciuse o primeiro recheo dunha pequena zona do areal, onde hoxe se atopa a primeira fila de edificios. Desde entón producíronse novos recheos cara a Laxe e outras localizacións do litoral vigués, até que xa na década de 1930 se produciu o segundo gran recheo do Areal, que supuxo a desaparición da praia. Finalmente, a dársena de Guixar terminouse en 1964, e en 1988 completouse o recheo do litoral, co que se avanzou 400 metros cara ao mar e se gañaron 150 000 metros cadrados de área.
Barrios da parroquia de Vigo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Centro histórico de Vigo Muralla de Vigo
Categoría:Vigo