Vía Radio é unha emisora de radio galega. Fundada en 2006, trátase dunha emisora eminentemente musical, con programas e locutores en directo. Ten diferentes frecuencias que abranguen as zonas de Vigo, O Morrazo, Baixo Miño, Norte de Portugal, Salnés-Barbanza, Pontevedra, Condado-Paradanta, Lalín-Silleda, Santiago de Compostela e A Coruña.
Frecuencias Vía Radio emite en FM nas seguintes frecuencias: Vigo 102.7, Pontevedra 106.0, Condado-Paradanta 94.7, Baixo Miño 102.5, Vilagarcía 102.5, Santiago de Compostela 102.7 e Coruña 107.5, así como a través da súa páxina web. Tamén emite a través da Televisión Dixital Terrestre (TDT).
Categoría:Medios de comunicación de Vigo Categoría:Emisoras de radio de Galicia