La malcasada é un filme español mudo en branco e negro de 1926 dirixido por Francisco Gómez-Hidalgo y Álvarez, quen escribiu o guión xunto a José Luis de Lucio. Baséase no matrimonio fracasado entre o toureiro mexicano Rafael Gaona e a actriz española Carmen Ruiz Morales, amante de Afonso XIII de España entre 1914 e 1931.'La Malcasada', La Verdad, 26 de maio de 2018 Estreouse no Teatro do Centro o 10 de xaneiro de 1927.la malcasada a Cervantes Virtual
Sinopse O filme conta a historia dunha señora da alta sociedade española que por interese casa cun toureiro mexicano, nun momento no que se tramitaba unha lei de divorcio nas Cortes Españolas.
Elenco Inocencia Alcubierre María Banquer Juan Belmonte Julia A. de Belmonte
Produción O seu interese radica en que teñen pequeños papeis varios personaxes de sona da época, entre eles os militares Francisco Franco, José Sanjurjo, José Millán-Astray e Miguel Primo de Rivera, Ramón María del Valle-Inclán, Juan Belmonte, o conde de Romanones, Azorín, Julio Romero de Torres, Alejandro Lerroux, Manuel Machado ou Juan de la Cierva.La malcasada a España es Cultura
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas La película La Malcasada como ejemplo de la proyección de la imagen estereotipada de los militares africanistas en los medios de comunicación por Cristóbal Martín Molina. En: Revista Universitaria de Historia Militar, volume 6, número 11, ano 2017, pp. 217-238, ISSN: 2254-6111
Categoría:Filmes de 1926 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes baseados en feitos reais