Eduard Wiiralt, nado en Kalitino o 20 de marzo de 1898, e finado en París o 8 de xaneiro de 1954, foi un artista gráfico estoniano."Eduard Wiiralt" Na historia da arte, Wiiralt é considerado o mestre máis salientable da arte gráfica de Estonia na primeira metade do seu século XX. Entre as súas obras máis coñecidas destacan "Inferno", "Hell", "Cabaret", "Heads of Negroes", "Sleeping Tiger" e "Head of a Camel".

Traxectoria Eduard Wiiralt naceu en Kalitino Manor, Tsarskoselsky Uyezd, Gobernación de San Petersburgo, fillo dos criados estonianos Anton e Sophie-Elisabeth Wiiralt. En 1909, a familia trasladouse a Estonia, onde o pai estaba empregado en Varangu, no condado de Järva. Aos 17 anos, Wiiralt ingresou na Escola de Artes Aplicadas de Talín. Alí un dos seus mestres foi o pintor e debuxante estoniano, Nikolai Triik, que exerceu unha forte influencia na obra do novo artista. Porén, Wiiralt non se graduou por mor do inicio da ocupación alemá e da revolución.

Wiiralt continuou os seus estudos en Tartu na escola de arte de Pallas, traballando no estudio de escultura de Anton Starkopf en 1919. Alí as ensinanzas da arte do gravado foron guiadas polos manuais e as obras dos vellos mestres. Isto influíu na súa técnica artística ata os seus últimos anos. Os estudos foron interrompidos pola súa participación na guerra de independencia de Estonia. En 1922–1923, Wiiralt continuou os seus estudos como bolseiro de Pallas, na Academia de Arte de Dresde en Alemaña; baixo a supervisión do profesor Selmar Werner. Nas súas obras daquel período pódese observar unha certa influencia do expresionismo alemán. Wiiralt regresou a Tartu no outono de 1923. En 1924 formouse no Departamento de Artes Gráficas da escola de arte Pallas dirixindo o seu estudo gráfico durante o ano seguinte.

Marchou a París en 1925 e alí viviu case sen interrupcións ata 1938. En París creou o seu gravado Inferno. En 1937 a Exposición Gráfica Internacional de Viena recoñeceuno como o principal gravador de Europa, honrándoo coa súa medalla de ouro. De xullo de 1938 a febreiro de 1939 viviu e traballou en Marrakech Marrocos, regresando ao ano seguinte á súa terra natal, Estonia.

Últimos anos e morte miniatura|Tumba de Wiiralt no cemiterio de Père-Lachaise de París. Sobreviviu á segunda guerra mundial en Estonia. En 1944, intentou regresar a París, pero a guerra levouno a Alemaña e máis tarde a Suecia. Non foi ata o outono de 1946 cando chegou de novo a París. Ao final, viviu na parte sur da cidade, Sceaux, na rúa Houdan 61. Eduard Wiiralt morreu aos 55 anos en París, no hospital de Danncourt por mor dun cancro gástrico e foi enterrado no cemiterio de Père Lachaise o 12 de xaneiro de 1954.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1898 Categoría:Alumnos da Academia de Artes de Estonia Categoría:Finados en 1954 Categoría:Pintores de Estonia