Ramón González Vigide, nado en Cristimil (Lalín) en 1854 e finado en Gresande o 4 de agosto de 1931, foi un agrarista e benfeitor galego.

Traxectoria Emigrou a Buenos Aires onde entrou en contacto coas ideas socialistas. De regreso á súa parroquia iniciou unha campaña para concienciar aos seus conveciños na necesidade da educación e da asociación dos labregos, e fundou en 1906 a Sociedad de Agricultores de Gresande. A sociedade bonaerense Unión del Partido de Lalín púxolle o seu nome á escola que creou no lugar de Porreiros (Gresande) en 1922.Escola Ramón González Vigide Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Igrexas, Manuel: "O centenario da Sociedade de Agricultores de Gresande" (22/8/2012)

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos