Jeoju tokki (en ; en ) é unha escolma de relatos da escritora surcoreana Bora Chung, publicada orixinalmente en 2017.
Contido O libro consta de dez contos de temática fantástica, de terror e de ciencia ficción. As súas influencias abarcan tanto a tradición literaria e mitolóxica occidental, en especial a eslava, como a do leste asiático.
As diferentes narrativas tratan temas sociais dende unha perspectiva de xénero, como a maternidade ou o envellecemento. Así mesmo, abórdase o descontento da poboación coreana co sistema político e económico do país. Neste sentido, por exemplo, o texto que da título á colección critica as políticas gobernamentais e as accións das grandes corporacións contra as empresas pequenas.
Moitos dos relatos conteñen elementos surrealistas, sinistros ou absurdos, que conforman unha voz literaria propia. Porén, a variedade de estilos e rexistros é unha característica distintiva do conxunto da obra.
Premios Finalista do International Booker Prize (2022).
Traducións En castelán Conejo maldito (2023). Tradución directa de Álvaro Trigo Maldonado. Alpha Decay. .
En inglés Cursed Bunny (2021). Tradución directa de Anton Hur. Honford Star.
En portugués Coelho maldito (2024). Tradución directa de Hyo Jeong Sung. Alfaguara.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Bora Chung
Categoría:Literatura en lingua coreana