Daniel Chamosa Dacasa, nado en Pontevedra o 4 de maio de 1997, é un atleta galego que compite en marcha.

É irmán da tamén atleta Antía Chamosa.

Traxectoria Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón e o grao de Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (UVigo).

Comezou na Escola de marcha de Cuntis e Caldas e logo pasou á Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Algúns dos seus éxitos son:

2016: Cunha crono de 42.59 nos 10 km marcha na localidade de Barcelona de Viladecans logrou a marca mínima para a Copa do mundo en Roma e para o mundial junior en pista a disputar en Polonia. 2017: Gañador do XXIX Campionato de Galicia de Marcha de inverno en Pista, 5.000 m con 21.15:47. 2017: Segundo no Campionato de España promesa nos 10 km marcha. 2019: Campionato galego de marcha en ruta: ouro nos 5.000 metros cun rexistro de 21:26.25. Vencedor na categoría absoluta e sub-23. 2021: Gañador do Campionato Galego de Marcha en Ruta con 42.34. 2022: Campión galego absoluto de marcha en ruta con 41.22. 2024: Campionato Xunta de Galicia de Marcha de inverno, gañador con 20:26.12 . 2024: Medalla de bronce no Campionato de España Absoluto de 10.000 m marcha cun tempo de 39.28. 2025: Medalla de bronce no Campionato de España Absoluto de 10.000 m marcha cun tempo de 39.38.75. 2025: European Race Walking Team Championships, Lázeňský Park, Poděbrady (CZE), 57º en 35 km con 2:27:56. 2025: XXXVII Gran Premio Cantones de A Coruna de Marcha, 23ª en 20 km con 1:20:14. 2025: Campeonato España Federaciones Autonómicas, 1º en 5 km con 18:59.83.

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1997 Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo