Marcos Giralt Torrente, nado en Madrid en 1968, é un escritor e crítico literario español.
Traxectoria Naceu en Madrid en 1968 nunha familia de artistas (é fillo do pintor Juan Giralt, neto do escritor Gonzalo Torrente Ballester e sobriño do tamén escritor Gonzalo Torrente Malvido). Licenciouse en Filosofía na Universidade Autónoma de Madrid. O seu primeiro libro foi o volume de relatos Entiéndame (Editorial Anagrama, 1995), pero a celebridade non lle chegou até 1999, cando gañou o Premio Herralde de Novela coa súa novela París. En 2011 gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa novela Tiempo de vida, na que narra a relación co seu pai até a morte deste. É un dos finalistas do premio AENA de Narrativa coa novela Los ilusionistas, onde relata como se coñeceron os seus avós maternos en Bueu en 1931 e ao mesmo tempo reflexiona sobre os afectos, a memoria, as ataduras da herdanza e a propia escritura. Con esta novela gañou o Premio da Crítica de narrativa castelá.
Foi escritor residente na Academia Española en Roma, na Universidade de Aberdeen, no Künstlerhaus Schloss Wiepersdorf, na Maison deas Écrivains Etrangers et deas Traducteurs de Saint Nazaire e na Santa Maddalena Foundation. Tamén participou no Artists-in-Residence de Berlín en 2002. É membro da Orde do Finnegans. En 1995 comezou a colaborar co xornal El País, onde foi crítico literario do suplemento Babelia até 2010. As súas obras foron traducidas, entre outras linguas, ao inglés, alemán, francés, italiano e portugués.
Obra Libros de relatos
Entiéndame (1995). Anagrama Nada sucede solo (1999). Ediciones del Bronce Cuentos vagos (2010). Alfabia El final del amor (2011). Páginas de Espuma Mudar de piel (2018). Anagrama
Novelas
París (1999). Anagrama Los seres felices (2005). Anagrama Tiempo de vida (2010). Anagrama miniatura|Presentación de Los ilusionistas no Centro Social do Mar de Bueu con Libraría Miranda, 2025, acompañado de Francisco Rodríguez PastorizaLos ilusionistas (2025). Anagrama. Un estudo profundo da súa familia materna.
Crónica, ensaio Algún día seré recuerdo (2023). Anagrama
Premios
1999 - Premio Herralde de Novela, por París. 1999 - Premio Modest Furest i Roca, por Nada sucede solo. 2011 - Premio Internacional de Narrativa Breve Ribera del Duero, por El final del amor. 2011 - Premio Nacional de Narrativa, por Tiempo de vida. 2014 - Premio Strega Europeo, por la tradución italiana de Tiempo de vida. Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en 1969 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Novelistas de España