O gabián tesoira (Elanoides forficatus) é unha ave de presa da subfamilia Perninae que se reproduce desde o sur dos Estados Unidos ao leste do Perú e norte da Arxentina. É a única especie do xénero Elanoides. A maioría dos exemplares que se reproducen en América do Norte e Central pasan o inverno en América do Sur, onde a especie é residente todo o ano.
Taxonomía e sistemática
O gabián tesoira foi descrito por primeira vez cos nomes ingleses "swallow-tail hawk" (falcón de cola de anduriña) e "accipiter cauda furcata" (falcón de cola forcada) polo naturalista inglés Mark Catesby en 1731. Carl Linné deulle o nome binomial de Falco forficatus na 10ª edición de Systema Naturae, publicada en 1758; BHL / Missouri Botanical Garden el mesmo cambioulle o nome a Falco furcatus na 12ª edición de 1766. BHL / Harvard University Botany Libraries Esta última ortografía utilizouse amplamente nos séculos XVIII e XIX, pero a ortografía orixinal é a que ten preferencia oficial. O xénero Elanoides introduciuno o ornitólogo francés Louis Pierre Vieillot en 1818. O nome procede do grego antigo elanos, que significa 'miñato' e -oides, que significa 'parecido a'.
Descrición
A especie ten de 50 a 68 cm de lonxitude, cunha envergadura de aproximadamente 1,12-1,36 m. Machos e femias son de aspecto similar. Pesan de 310 a 600 g. Outra característica é a cola alongada e forcada de 27,5-37 cm de longo, que lle dá o seu nome de gabián "tesoira". As ás son tamén relativamente alongadas, xa que a corda alar mide 39-45 cm. O tarso é bastante curto para o tamaño da ave e mide 3,3 cm. O corpo é de cores negra e branca moi contrastantes. As plumas de voo, cola, pés e bico son negros. Raptors of the World by Ferguson-Lees, Christie, Franklin, Mead & Burton. Houghton Mifflin (2001), A parte superior das ás é negra. A parte inferior das ás é en parte negra e en parte branca.
Os gabiáns tesoira novos son de cores máis apagadas que os adultos, e non teñen a cola tan profundamente forcada. Ás veces emiten un pío agudo, aínda que a maioría do tempo están en silencio.
Hábitat e distribución miniatura|Gabián tesoira.
É unha especie bastante asociada con áreas grandes de bosques de zonas húmidas que son axeitados para os seus hábitos de nidificación. Os piñeiros Pinus taeda son as árbores que elixen preferentemente para construíren o niño, mais tamén usan os Taxodium distichum cando non atopan piñeiros. O principal requisito destes sitios de nidación é que haxa nos arredores dispoñibilidade de comida e árbores altas. Os niños localízanse en árbores a alturas de ata 30 m. A área de distribución histórica nos Estados Unidos comprendía a maior parte dos estados do sur e gran parte do medio oeste (en Kentucky, Indiana, Ohio, Illinois, Missouri, Iowa, Kansas, Nebraska, e polo norte ata Wisconsin e Minnesota). Ademais dos Estados Unidos reside en moitas áreas de América Central e do do Sur. A degradación do hábitat e os cambios na hidroloxía das zonas húmidas causaron unha diminución do seu hábitat nos Estados Unidos a só rexións costeiras do sueste e suroeste, o que supón un 80 % de declive na poboación.
Considérase unha ave de presa migratoria, que durante a primavera se despraza a áreas de América Central e do Sur para se reproducir. Aproximadamente o 3 % da poboación do mundo reprodúcese nos Estados Unidos. Estas aves viaxan miles de quilómetros cara aos hábitats de nidificación máis axeitados que atopan nas zonas húmidas costeiras entre as Américas. A telemetría por satélite permitiu trazar os movementos de aves individuais ao longo dos anos e rendeu un conxunto de datos que demostra algunhas viaxes migratorias de máis de 16.000 km. As terras localizadas dentro das rutas de migración son outra preocupación para a conservación desta ave, xa que a deforestación e a degradación do hábitat en América Central e do Sur pode ter efectos adversos sobre a especie. O gabián tesoira considérase unha das aves voadoras máis gráciles en América e pasan a maior parte da súa vida rexistrando as copas das árbores na procura de lagartos, pequenos mamíferos e insectos. A morfoloxía da á desta ave e a estrutura da cola facilita que poida planar sen esforzo grandes distancias.
Dieta
Aliméntase de pequenos réptiles, como serpes e lagartos. Tamén pode comer pequenos anfibios, como as ras; grandes insectos, como os saltóns, grilos, térmites, formigas, libélulas, escaravellos e eirugas; pequenas aves e os seus ovos e crías; e pequenos mamíferos, como os morcegos.Ferguson-Lees, J. & Christie, D.A. & Franklin, K. & Mead, D. & Burton, P.. (2001). Raptors of the world. Helm Identification Guides. Tamén se lle viu comendo peixes. Observouse que come regularmente froita en América Central. Bebe sobrevoando a superficie da auga e recollendo auga co bico. Usualmente captura e traga o alimento en voo.
Reprodución
O apareamento prodúcese de marzo a maio, cando a femia pon de dous a catro ovos brancos ou brancos azulados, con manchas marróns. A incubación dura 28 días, e de 36 a 42 días despois as crías empluman. Adoita pensarse que forman parellas monógamas, pero pénsase que pasan algún tempo separados e xúntanse durante as migracións nos sitios de nidificación. Estes sitios de nidificación adoitan ser as árbores máis altas das áreas húmidas. En ocasións, as parellas retornan aos mesmos sitios de nidificación de anos anteriores e renovan os niños vellos. Xeralmente, tardan catro días en completaren os niños.
Conservación nos Estados Unidos miniatura|Grupo de máis de 20 gabiáns tesoira xuntándose ao solpor en Sanibel Island, Florida.
O gabián tesoira non estaba na lista das especies en perigo ou ameazadas do goberno federal dos Estados Unidos en 2024. Porén, están consideradas en perigo no estado de Carolina do Sur e ameazadas no estado de Texas. Están na lista de especies "raras" (escasas) no estado de Xeorxia.
miniatura|Placa 72 de The Birds of America de John James Audubon, na que se ilustra o gabián tesoira.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Stiles and Skutch, A guide to the birds of Costa Rica
Ligazóns externas
5 imaxes do gabián tesoira en amazilia.net (para as Grenadines de Guiana, Guiana, Nicaragua) cun mapa de disribución en bird-stamps.org
Foto de gabián tesoira pairando en cayaya-birding.com
Ilustración en Histoire naturelle des oiseaux de l'Amérique Septentrionale (1807). Descrición por Vieillot (1818) do Milan de la Caroline e Milan Yetapa du Paraguay, e a designación orixinal do Elanoïdes (en francés). Ilustraciónen Traite d'Ornithologie de Lesson (1831). DSpace
Categoría:Perninos Categoría:Aves de América Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné