A rola oriental ou rula oriental (Streptopelia orientalis) é unha ave da familia Columbidae. A especie ten unha ampla área de distribución nativa desde Asia central cara ao leste ata o Xapón. As poboacións mostran variacións no debuxo da plumaxe e designáronse polo menos seis subespecies. As poboacións de latitudes altas tenden a migrar ao sur en inverno, mentres que as que están máis próximas aos trópicos son sedentarias. Informouse de aves errantes que chegaron a América do Norte e Europa. A especie é predominantemente granívora e busca alimento no chan.

Taxonomía

O nome do xénero Streptopelia procede do grego antigo streptos, 'colar' e peleia, 'pombo'. O termo específico orientalis significa en latín 'do leste, oriental', neste caso referíndose á localidade tipo na que se describiu o animal, China.

A especie ten unha ampla distribución con variacións xeográficas na plumaxe que fixeron que se designasen seis subespecies. As distribucións de moitas delas non son disxuntas e existe unha gradación nalgunhas poboacións de illas. Algunhas das poboacións de Streptopelia turtur que viven no bordo leste poden ser de aspecto moi similar a S. orientalis e no pasado ambas as especies foron agrupadas. S. o. meena (Sykes, 1832) – é a subespecie occidental, que vive no leste e centro de Asia e cara ao sur ata os Himalaias desde Caxemira ao centro de Nepal. Pasa o inverno na India e polo sur chega a Sri Lanka. S. o. orientalis (Latham, 1790) – é a subespecie oriental, que vive en Siberia central ata o Xapón e Corea e polo sur ata os Himalaias desde Assam a Yunnan e norte de Vietnam. Pasa o inverno no sur e sueste de Asia (inclúe S. baicalensis Buturlin). S. o. stimpsoni (Stejneger, 1887) – vive nas illas Ryukyu S. o. orii Yamashina, 1932 – vive en Taiwán S. o. erythrocephala (Bonaparte, 1855) – vive no sur da península India. Esta subespecie é de cabeza marrón avermellada sen cor gris na fronte ou píleo, a diferenza das outras subespecies. As plumas cobertoiras de debaixo da cola e banda terminal da cola son gris lousa. S. o. agricola (Tickell, 1833) – vive desde Orissa e Bengala ao noroeste da India e en Myanmar ata Hainan. A rola oriental ten dúas subespecies do norte migratorias: S. o. orientalis das taigas de Siberia central, e S. o. meena, dos bosques abertos de Asia central. As diferenzas nos debuxos da cola das subespecies S. o. orientalis e S. o. meena serven para identificalas nos seus territorios de invernada. A forma nomeada descríbese como con cola con punta gris e con máis cor negra na parte externa das plumas externas da cola, mentres que meena ten unha cola con puntas brancas igual que a rola brava e menos negro na parte externa das plumas externas da cola. Aínda así, estas non son diferenzas consistentes: ambas as formas poden ter bandas na cola brancas ou grises e orientalis pode ter pouco negro na parte externa das plumas externas da cola.Leader, Paul J. (2004) Tail pattern of Oriental Turtle Dove British Birds 97(2): 98–100

Descrición miniatura|S. o. meena do centro dos Himalaias|esquerda

A rola oriental é moi similar en plumaxe á pomba brava. É un pouco máis grande que dita especie, especialmente no caso de S. o. orientalis. Comparte a área raiada branca e negra da parte lateral do pescozo feita de plumas con punta prateada, mais o peito é menos rosa, e a as plumas da á marróns alaranxadas da pomba brava son substituídas por tons máis maróns e centros máis escuros, dándolle unha aparencia "escamenta". A cola ten forma de cuña, igual que na pomba brava. O voo é máis relaxado e directo que o do seu parente. Ademais, a pomba brava ten unha área de pel espida arredor dos ollos, do cal carece a pomba oriental.

Vocalizacións

As chamadas son diferentes do arrolo da pomba brava. É un son de catro sílabas her-her-oo-oo. Tamén hai diferenzas significativas nas chamadas entre as distintas poboacións.

Distribución e hábitat miniatura|Rola oriental en Xapón. O hábitat varía, pero a rola oriental reprodúcese en hábitats boscosos pero abertos e inverna en hábitats máis abertos, pero usualmente cunha boa cobertura de árbores.

A raza máis occidental, meena, reprodúcese na rexión paleártica occidental. As poboacións máis meridionais son residentes, pero a maioría das outras aves migran ao sur para invernar na India, as Maldivas e o sur do Xapón. Espállanse moito polo seu territorio e chegan ás illas Lakshadweep en inverno. S. o. orientalis aparece como unha rareza no oeste de Alasca e a Columbia Británica. Tamén é unha ave vagante no norte e oeste de Europa e está incluída na lista das aves ibéricas.

Ecoloxía Reprodución miniatura|Ovos de Streptopelia orientalis. A estación reprodutora do verán na zona temperada pode alongarse. No sur da India a estación reprodutora é en inverno. Cando se exhibe, o macho move as súas ás ruidosamente e sae disparada antes de baixar voando coa cola estendida. Tardan uns dous días en construíren o niño, para o cal o macho trae o material e a femia colócao. O niño é máis substancial que nalgunhas outras pombas e sitúano á altura da media copa das árbores. No Xapón, os niños construídos a grande altura tenden a estar suxeitos á predación. Os machos incuban polo día e a femia pola noite. Poñen dous ovos brancos como todas as pombas e rolas, nun niño de ramiñas nunha árbore. A incubación comeza inmediatamente despois de poñeren o primeiro ovo. Os ovos fan eclosión en 15 ou 16 días e os pichóns tardan de 15 a 17 días en emplumaren (no Xapón). Ambos os pais alimentan os pichóns altriciais con leite do boche. Poden criar múltiples postas e o niño pode ser reutilizado pola parella ou por outros. A reutilización do niño probablemente pode incrementar as posibilidades de predación. No Xapón os predadores principais dos pichóns e ovos son os corvos e pegas e en menor medida os gatos e serpes.

Dieta É unha ave granívora que se alimenta de sementes de marihuana, xirasol, trigo, millo miúdo e amaranto. Tamén come gasterópodos. Busca alimento no chan.

Parasitos e doenzas No Xapón, os niños nos que se acumularon feces albergaban varias moscas das familias Sphaeroceridae, Sepsidae e Stratiomyidae.

Tamén no Xapón, detectáronse nesta ave os ácaros subcutáneos da especie Hypodectes propus. A morte de certo número destas aves en Corea do Sur debeuse ao virus da variola aviaria.

Outras asociacións Na illa Hongdo de Corea, estas rolas migratorias levaban sementes da planta exótica Achyranthes japonica pegadas á plumaxe.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "National Geographic" Field Guide to the Birds of North America ISBN Handbook of the Birds of the World Vol 4, Josep del Hoyo editor, ISBN

Ligazóns externas

Bird Research - Rola oriental

Categoría:Colúmbidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1790 Categoría:Taxons descritos por John Latham (ornitólogo)