Publio Petronio (en latín: Publius Petronius) foi un militar e maxistrado romano que viviu entre o século -I e o século I baixo os emperadores Augusto, Tiberio, Calígula e Claudio. Formaba parte da gens Petronia, unha antiga familia romana de orixe plebea.
Traxectoria No ano 7 foi augur e cónsul sufecto no 19, xunto con Marco Xunio Silas. O emperador Tiberio enviouno a Nubia, onde saqueou a cidade de Napata en 24. Calígula nomeouno gobernador de Siria como sucesor de Lucio Vitelio, coa tarefa de erixir unha estatua do emperador no Templo de Xerusalén.
Este Petronio tamén é mencionado como legado de Claudio.
Notas
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:nados no século -I Categoría:Finados no século I Categoría:Gens Petronia