Leonardo Daniel Ulineia Buta, nado en Anadia (Rexión Centro, Portugal) o 5 de xuño de 2002, é un futbolista portugués que xoga como lateral esquerdo e extremo no Eibar, da Segunda División, cedido polo Udinese italiano.

Traxectoria Naceu na localidade portuguesa de Anadia, no seo dunha familia orixinaria de Angola, e formouse como futbolista na canteira do Sporting de Braga. Debutou co primeiro equipo na Primeira Liga o 12 de febreiro de 2022, nunha vitoria por 2-1 sobre o Paços de Ferreira.

O 5 de xuño de 2022 asinou un contrato de cinco anos co equipo filial do Udinese italiano. Disputou dous partidos co primeiro equipo na Serie A. Nas tempadas 2023/24 e 2024/25 foi cedido respectivamente ao Gil Vicente e ao Moreirense, ambos da Primeira Liga portuguesa.

Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Eibar, da Segunda División de España.

Vida persoal É irmán do tamén futbolista Aurélio Buta.

Notas

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Portugal Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do Udinese Calcio Categoría:Xogadores do Gil Vicente Futebol Clube Categoría:Xogadores do Moreirense FC Categoría:Xogadores do SD Eibar