O epitafio de Séikilos ou Sícilo é famoso por ser o exemplo máis antigo coñecido dunha composición musical completa, incluíndo a notación musical e a letra, no mundo occidental.

Características Trátase dunha melodía da música grega que se atopou gravada nunha lápida preto de Aidin en Turquía (preto de Éfeso). A inscrición tamén indica que foi composta por un tal Sícilo para a súa esposa, probabelmente enterrada no lugar. Ademais da composición, atopáronse estas inscricións: +GregoΕἰκὼν ἡ λίθος εἰμί. τίθησί με Σεικίλος ἔνθα μνήμης ἀθανάτου σῆμα πολυχρόνιονsenmarco Detalle da inscriciónTransliteracióneikṑn hē líthos eimí. títhēsí me Seikílos éntha mnḗmēs athanátou sêma polukhrónion.GalegoSon unha tumba, unha icona. Sícilo colocoume aquí como símbolo eterno de lembranza inmortal. Sobre a letra, transcrita na figura seguinte usando o alfabeto grego moderno, hai unha liña con letras e símbolos que indican as notas : centro|miniatura|500x500px|A partitura de Sícilo Traducida á notación musical moderna, a canción soaría así: centro|miniatura|628x628px|A melodía do epitafio de Sícilo miniatura|300x300px| Melodía cantada segundo a pronuncia aproximada do grego koiné.|centro

A continuación móstrase unha transliteración das palabras cantadas na melodía e unha tradución ao galego:

Hoson zés, pháinu Medén holos sý lýpu Pros olígon estí to zén To télos ho khrónos apaitéi

Mentres vivas, brilla. Non te preocupes en absoluto, Porque a vida é curta. E o tempo reclama o seu tributo.

Existe controversia sobre a datación desta lápida, que vai dende o -200 ata arredor do 100. Malia que existen exemplos máis antigos de notación musical (por exemplo, os himnos de Delfos), todos son só fragmentos. O epitafio de Sícilo é único porque é unha partitura completa dunha composición, mesmo sendo bastante curto.. Notas

Véxase tamén Bibliografía Harvard Anthology of Music. Dous volumes. Cambridge, Massachusetts, Harvard University Press, 1949. ISBN 0674393007 Ligazóns externas Ficheiro:Seikilos.mid, Mostra de audio da melodía en formato .mid. Categoría:Notación musical Categoría:Historia da música