José María Hernansáez Meoro, nado en Murcia en 1893 e finado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1955, foi un profesor e político español.

Traxectoria Fillo de José María Hernansáez López. Fixo o bacharelato na Coruña. Licenciado en Ciencias químicas, en 1917 obtivo a praza de catedrático de Agricultura, Técnica Agrícola e Industrial no Instituto de Cartaxena.Gaceta de Galicia, 13-3-1917, p. 2. Membro da Federación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT da que foi vicepresidente en maio de 1931 e afiliado ao PSOE. Foi elixido concelleiro de Cartaxena nas elección municipais de abril de 1931, e foi presidente da minoría municipal socialista e do Consello Local de Ensinanza. Tivo problemas coa Agrupación Socialista e apartouse da minoría socialista figurando como «socialista independente» en decembro de 1931. Foi expulsado do PSOE en novembro de 1935. Renunciou ao cargo de concelleiro en marzo de 1936. Durante a guerra foi director do Instituto García Lorca de Cartaxena. Despois foi catedrático de Agricultura do Instituto Xelmírez de Santiago de Compostela dende 1942,El Ideal Gallego, 18-12-1942, p. 2. e profesor da Escola Social da Universidade de Santiago de Compostela. Finou en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1955 aos 62 anos.Necrolóxica en El Correo Gallego, 10-12-1955, p. 7.La Noche, 15-12-1955, p. 4.

Obras Los progresos de la huerta (1921). Bocetos agrícolas (1929). Terminología científica, industrial y artística. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Hernansáez Meoro, Ángel

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados na Rexión de Murcia Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1955