Biografías y Vidas é unha editorial barcelonesa que redacta e edita biografías de particulares e mantén a enciclopedia biográfica en liña do mesmo nome.

Historia A firma foi fundada en 2002 polo bibliógrafo e documentalista Tomás Fernández. Dous anos despois, en xaneiro de 2004, a editorial publicou en Internet a enciclopedia biográfica Biografías y Vidas. En 2007, o fundador asumiu a xestión dos servizos de edición privada, deixando a dirección da empresa en mans do filólogo Miguel Ruiza.

A enciclopedia Biografías y Vidas é unha colección de miles de biografías de personaxes históricos e actuais. Cada biografía vai ilustrada cunha imaxe do seu protagonista. A sección chamada «Monografías» afonda en figuras históricas con artigos extensos sobre a súa traxectoria e realizacións, complementados con cronoloxías, galerías fotográficas e vídeos; outra sección similar a esta ocúpase de personaxes actuais. A fiabilidade desta obra de consulta foi equiparada á doutras enciclopedias dixitais.

A editorial desenvolveu un servizo de redacción e edición de biografías de particulares por encargo. Un redactor da editorial encárgase de escribir o texto a partir de entrevistas ao mesmo cliente ou doutros testemuños ou documentos. A obra resultante pasa a integrarse na colección privada Fe de Vida. O servizo, chamado «A vida nun libro», ofrécese en linguas galega, catalá e castelá.

Notas

Categoría:Editoriais de Barcelona