miniatura|O motivo xeométrico chamado «Flor da Vida» miniatura|Estudo xeométrico de Leonardo da Vinci. Codex Atlanticus, folio 309v (1478–1519) A Flor da Vida é o nome que se dá a unha figura xeométrica composta de 19 círculos completos do mesmo diámetro e 36 arcos circulares. Estes forman un conxunto hexagonal que se inclúe á súa vez nun círculo maior. Os 19 círculos completos pequenos da figura solápanse creando patróns radiais simétricos, similares a flores. Este motivo e outros semellantes foron empregados desde a antigüidade e en todo o mundo como patrón ornamental para decorar toda clase de superficies.

Orixe da denominación Aínda que a figura xeométrica ten a súa orixe na antigüidade, a denominación «Flor da Vida» (do inglés: Flower of Life) para designar estes motivos data do século XX. Atópase estendida entre divulgadores de temáticas místicas e esotéricas no contexto do movemento <i>New Age</i>.

Nese contexto, Drunvalo Melchizedek, creador e promotor da técnica de meditación Merkaba, afirma que o motivo da «Flor da Vida» foille revelado polo deus Thoth a cambio da antedita técnica. Thoth tamén lle predixo que atoparía esta imaxe en Exipto. Melchizedek responsabiliza á súa amiga Katrina Raphaell, autora de libros sobre cristaloterapia, por descubrir finalmente o motivo no Osireion de Abidos, un antigo monumento funerario exipcio.

No Osireion, o motivo da «Flor da Vida» atópase debuxado varias veces con ocre vermello sobre uns muros de pedra. Melchizedek atribúelle a estes debuxos unha antigüidade de case 12 000 anos.

Sinalouse, con todo, que os debuxos do Osireion están acompañados de letras gregas evidentemente contemporáneas aos mesmos (feito non mencionado por Melchizedek). Polo tanto, non tería orixe exipcia e a súa antigüidade sería considerabelmente menor.

O Osireion foi escavado por primeira vez polos exiptólogos Flinders Petrie e Margaret Murray cara 1903. Nun informe posterior, Murray di atopar grafiti de orixe fenicio, grego e copto sobre as pedras do complexo exipcio. Afirma que as inscricións coptas estaban realizadas en ocre vermello cun pigmento negro máis desvaído.

Canto ao descubrimento dos debuxos, antes da publicación do libro de Melchizedek xa foran descritos e publicados.

Propiedades atribuídas á Flor da Vida De acordo con Melchizedek, Tot reveloulle que:

En tanto, a entidade Flower of Life Research, dedicada a dar talleres e cursos sobre este tema e sobre a técnica de meditación desenvolvida por Melchizedek, afirma que:

Melchizedek e outras persoas propoñentes destas propiedades da «Flor da Vida» considérana un padrón do que poden extraerse ou derivarse outros modelos xeométricos. Sitúan dentro do seu deseño figuras de orixe diversa, como a vesica piscis, a Árbore da Vida da Cábala ou os sólidos platónicos entre outros, e relaciónana coa xeometría sacra.

Deseños derivados Os propoñentes da «Flor da Vida» derivan dela motivos secundarios que se extraen da estrutura xeométrica do debuxo. Un notábel é a xeración dos grafos dos sólidos platónicos a partir do patrón xeométrico da Flor da Vida. Outros deles son:

A «Froita da Vida», motivo realizado soamente con círculos e que se usa como base para debuxar os sólidos platónicos. A «Semente da Vida», similar á Flor da Vida pero máis sinxelo. O «Ovo da Vida», construído con esferas, que deriva do anterior. Relaciónase coas etapas de división da mórula do embrión animal e coa creación do mundo en sete días do relato bíblico.

miniatura|Arte fenicia: copa chipro–arcaica de electro atopada en Idalion (Chipre), datada entre os séculos VIII a VII a. C. Un padrón tipo «Flor da Vida» atópase labrado no seu fondo. miniatura|Flor da Vida gravada no Osireion

A Flor da vida en culturas prehistóricas e protohistóricas miniatura|150x150px|Roseta tallada en fusta procedente de Sanok, na parte norte dos Cárpatos, da cultura de Czerniachow, desenvolvida baixo dominio godo A roseta como símbolo xa existía na Idade de Bronce, cando en Europa se deron os cultos solares con máis intensidade. Crese que, como os trísceles ou as esvásticas, son símbolos solares.

Os pobos celtas e ítalos empregaban este símbolo. Na arte celta de La Tène vese por exemplo no Caldeiro de Gundestrup xunto con elefantes.

A Flor da vida na arte romana Para os pobos hispanorromanos simbolizaba o Xúpiter hispano, sincretismo entre o Xúpiter latino e divindades indíxenas como Candamius. Eduardo Peralta Labrador comenta en "Estelas discoideas de Cantabria":

Motivos tradicionais preexistentes Atópanse motivos iguais ou parecidos á «Flor da Vida» en diversos lugares do mundo, en diferentes épocas e culturas e realizados sobre diferentes materiais.

Os exemplos máis antigos son escasos e atópanse confinados á Antigüidade mediterránea e mesopotámica. No deseño, as «flores» aparecen conectadas entre si a xeito de padrón continuo. Isto pode verse nalgunhas pezas de arte fenicia de entre os séculos IX e VII a. C., así como no pavimento dun limiar procedente do palacio de Assurbanipal en Nínive (Asiria), que data de arredor do 645 a. C. Este último deseño, tallado nunha laxe de alabastro, crese que imita o padrón decorativo dunha alfombra. Dita laxe exhíbese no Museo do Louvre. Estes motivos non parecen estar ligados a ningunha función simbólica nin relixiosa, senón que serían só ornamentais.

Para explicar a ubicuidade destes deseños, argumentouse que os círculos entrelazados son un punto de partida razoábel para lograr unha variedade de motivos xeométricos repetitivos. Estes poden converterse facilmente en flores ou en hexágonos.

Exipto O templo de Osirion é o achado máis antigo. Con todo, dáse unha controversia entre arqueólogos e exiptólogos canto ao material co cal foi realizado o gravado (non esculpido) e o seu desgaste. Por esta razón resulta difícil estabelecer o ano orixinal de dito gravado.

Ao considerar todas as conclusións científicas, a figura da Flor da Vida do Templo de Osirion puido ser gravada en pedra entre o 4000 a.C. e o 250 d.C.

China O motivo aparece nos Leóns de Buda, tamén coñecidos como Leóns de Fu ou Shishi.

Con todo, a forma destes leóns gardiáns cambiou moito ao longo da historia, sobre todo durante a Dinastía Ming e a Dinastía Qing, até chegar á forma moderna.

Para a cultura chinesa esta xeometría sacra da Flor da Vida representa protección e enerxía. Ademais, estas estatuas atópanse sempre en parellas formadas por un macho e unha femia. É común velos nas entradas dos palacios.

Italia En Italia, un deseño similar á «Flor da Vida» pero máis sinxelo foi utilizado como motivo decorativo desde a antigüidade etrusca. Consta dunha soa «flor» cuxos pétalos son seis mandorlas, inscrita nun círculo. Chamóuselle Sole delle Alpi, rosa céltica, fiore a sei petali, rosa dei pastori e rosa carolinxia, e é considerada un emblema de ficticia zona de Padania. Cara 2009, a decisión do partido político Liga Norte de rexistrar este símbolo como logotipo propio creou unha controversia ao seu redor.

Tradición eslava Moi semellante ao Sole delle Alpi é un antigo símbolo eslavo que estivo asociado ao trono. Adoita chamárselle simplemente «roseta».

España En España, o mesmo deseño de Italia é coñecido como Flor Hexapétala ou Roseta hexapétala. As máis antigas atópanse en ronseis celtíberos e parecen simbolizar o sol e a boa sorte. Os romanos asimilárona e propagárona por todo o imperio, polo que se poden atopar en mosaicos e outras construcións a modo decorativo. Séculos máis tarde reaparecen con profusión en igrexas románicas, edificios importantes e todo tipo de artigos de pedra e madeira. Tomou importancia como símbolo protector e hai abuntantes exemplos delas en toda a Península Ibérica en mobles, tecidos e edificios dos séculos XV a XVII.

Galería de imaxes

Ver tamén

Cubo de Metatrón Mandala Sólidos platónicos Toro (xeometría) Vesica piscis Lauburu Tríscele

Notas

Categoría:Símbolos Categoría:Figuras xeométricas Categoría:Espiritualidade Categoría:Esoterismo