Kip Hanrahan, nado no Bronx (Nova York) en 1954, é un percusionista de jazz, director de orquestra e afamado impresario da escena fusión de jazz e arte contemporáneo de ascendencia irlandesa.

Discografía

Kip Hanrahan, percusionista e produtor radicado en Nova York lanzou dous álbums aclamados pola crítica internacional - Days and Nights of Blue Luck Inverted - (1987) un traballo con música afro-cubana exuberante e con ritmos moi altos. Empregan efectos de vento buliciosos, congas, cencerros e voces de extraordinario autoanálise en terceira persoa: "Hoxe teño estes blues que son máis enxeñosos ca min / que bromean coa miña moza mentres bebo o meu ron".

O segundo disco de máis sona, dous anos anterior, Vertical's Currency (1985), comezou con polirritmos axustados que se entrelazan e batén palmas xunto con acios de piano sincopados, mentres o vocalista Jack Bruce, coñecido por ser o vocalista e baixista de Cream, apresúrase en cadencias de poesía ao ritmo dos cambios de acordes que só un par de veces se deteñen brevemente para a contemplación..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Shadow to Shadow, do seu primeiro disco Coup de Tête (1981) coa vocalista Michele Rosewoman, en youtube

Categoría:Percusionistas de jazz Categoría:Nados no Bronx Categoría:Nados en 1954 Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa