Vulture é un sitio web estadounidense de noticias de entretemento. É a sección independente de cultura pop da revista New York. O seu lema é Devouring Culture («Devorando a cultura»).

Historia Vulture debutou en abril de 2007 como un blog de entretemento en nymag.com, o sitio web de New York Magazine. Melissa Maerz e Dan Kois foron os editores fundadores. O foco inicial foron as noticias de televisión e cine, especialmente os resumos de episodios recentes de televisión. Co tempo, expandiuse para publicar noticias e críticas noutras áreas da alta e baixa cultura, como música, libros, comedia e podcasts.

No proceso de escisión de New York Magazine, o sitio web de Vulture foi redeseñado en 2010, pasando de ter un formato de blog a parecerse máis a unha revista en liña «de pleno dereito». Posteriormente, Vulture trasladouse a un URL/dominio independente (Vulture.com) en febreiro de 2012.

O primeiro «Vulture Festival», un evento anual de dous días con celebridades de diversos campos da cultura pop, tivo lugar na cidade de Nova York en 2014.

A empresa matriz de Vulture, New York Media, comprou o sitio web de noticias de comedia Splitsider a The Awl Network en 2018 e incorporou parte da súa cobertura e á súa editora Megh Wright a Vulture.

En setembro de 2019, Vulture pasou a ser propiedade de Vox Media cando Vox adquiriu New York Media.

Premios Vulture Stunt En 2023, alegando a falta de recoñecemento para os especialistas de cine, Vulture inaugurou os seus propios Stunt Awards, onde se outorgan anualmente premios como «Mellor acrobacia nunha película de acción» e «Mellor acrobacia vehicular».

Editores xefes Persoas que ocuparon o cargo de director editorial (Editor xefe):

Josh Wolk (2009-2014) Gilbert Cruz (2014-2015) Neil Janowitz (2015-presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Revistas dos Estados Unidos de América Categoría:Sitios web