Ángel Bastos Teijeira, nado en Mos o 3 de maio de 1992, é un futbolista galego que xoga na posición de lateral dereito.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Porriño Industrial, debutando co equipo sénior en 2011. En xullo de 2013 asinou polo Club Deportivo Choco da Terceira División. Foi titular habitual durante a tempada 2013/2014 que finalizou cun sexto posto para o club redondelán. O 5 de xullo de 2014 pasou a formar parte do Coruxo Fútbol Club da Segunda División B, sendo tamén xogador regular do equipo.

O 20 de xuño de 2016 Bastos fichou pola Cultural Leonesa, tamén na terceira categoría. Durante a tempada 2016/17 xogou todos os partidos da liga e foi unha peza chave no campionato do equipo leonés, que regresou á Segunda División por primeira vez en 42 anos. O 26 de agosto de 2017 Bastos estreouse no fútbol profesional como titular nun encontro ante o Osasuna.

O 21 de xuño de 2018, tras o descenso da Cultural Leonesa, Bastos asinou polo Club de Futbol Reus Deportiu da Segunda División. Debido á mala situación financeira do club catalán, en xaneiro de 2019 finalizou o seu contrato e pasou a formar parte do Extremadura Unión Deportiva, tamén na segunda categoría. En outubro de 2020 asinou co FC Hermannstadt da Liga I, a máxima división de fútbol de Romanía.

A comezos de 2021 Ángel Bastos iniciou contrato co Rayo Majadahonda para xogar o resto da tempada. O 7 de xullo de 2022 asinou por dous anos co Pontevedra Club de Fútbol, período no que contribuíu ao equipo con 66 partidos, 3 goles e 7 asistencias. En agosto de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Bergantiños Fútbol Club durante unha tempada.

Palmarés Cultural Leonesa Segunda División B: 2016/17

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ángel Bastos en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1992

Categoría:Nados en Mos Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Porriño Industrial CF Categoría:Xogadores do CD Choco Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do CF Reus Deportiu Categoría:Xogadores do Extremadura UD Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes