Manuel López González, nado no Porriño o 22 de setembro de 1892 e finado en Cidade de México o 22 de xuño de 1968, foi un cociñeiro, avicultor e político galego. Traxectoria miniatura|Exiliados galegos a bordo do Ipanema. Cociñeiro e avicultor. Traballou como avicultor no Porriño. Membro do Sindicato Agrícola da UGT, do que foi presidente e afiliado á Agrupación Socialista do Porriño dende abril de 1917. Foi concelleiro do Porriño. Traballou como cociñeiro en Buenos Aires nos hoteis Oriente e España durante case tres anos, estivo 35 días detido pola súa participación nun mitin socialista; no Hotel Boavista en Río de Xaneiro (tres anos); na Compañía de Turismo en Lisboa (seis meses) e no Hotel Moderno de Vigo (catro anos), onde foi membro do Sindicato da Industria Gastronómica da UGT.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse ata que puido pasar a Portugal vestido de sacerdote e desde alí trasladouse a Francia e despois pasou a zona republicana. En Valencia foi xefe na cociña do Hospital Militar e en Barcelona responsable de municionamiento na Subsecretaría de Armamento. Coa caída de Cataluña exiliouse en Francia cruzando a fronteira por La Junquera o 7 de febreiro de 1939. Estivo internado no campo de concentración de Argelès sur Mer ata o 12 de xuño que embarcou no Ipanema rumbo a México, arribando a Veracruz o 7 de xullo. Residiu en Cidade de México onde inicialmente traballou como cociñeiro no Refugio da rúa Serapio Rendón 125 e despois noutros establecementos da cidade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Asilados politicos españoles a bordo del vapor Ipanema

Categoría:Cociñeiros de Galicia Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Concelleiros do Porriño

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Galegos de México

Categoría:Exilio galego

Categoría:Nados no Porriño

Categoría:Nados en 1892

Categoría:Finados en 1968