Vicente Díaz Fernández, nado en Bembibre (Taboada) o 21 de novembro de 1868 e finado en Lugo o 17 de xullo de 1940, foi un policía e político galego.
Traxectoria
Destinado como carabineiro en Aldea del Obispo, despois foi xefe da Policía Municipal de Castropol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, ingresando na Prisión Provincial de Lugo o 29 de outubro. Xulgado en consello de guerra en Lugo por rebelión o 9 de decembro na causa 380/36,La Voz de la Verdad, 10-12-1936, p. 1. foi condenado a cadea perpetua. Finou na Prisión de Lugo o 17 de xullo de 1940.
Vida persoal
Casou con Amalia Fernández Fernández, de Viavélez (A Caridá, El Franco), e foi pai de José, Ignacio e Vicenta Díaz Fernández.José Díaz Fernández, Pepillo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente procesual de Vicente Díaz Fernández Ficha en Represión franquista en Lugo Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Policías de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Taboada
Categoría:Nados en 1868
Categoría:Finados en 1944