Enol Coto Serrano, nado en Xixón o 23 de marzo de 2001, é un futbolista asturiano que xoga na posición de lateral dereito. O seu equipo actual é o Ourense Club de Fútbol da Primeira Federación.
Traxectoria Tras iniciar a súa carreira deportiva no Club Deportivo Romanón, con 11 anos de idade ingresou na estrutura de base do Sporting de Gijón. O 24 de agosto de 2019 debutou co Sporting Atlético como titular nun partido de Segunda División B perante o Rayo Majadahonda. O 17 de xuño de 2020, xa terminada a súa formación, Enol Coto asinou un contrato de tres anos co club asturiano e foi promovido permanentemente ao filial.
O 5 de agosto de 2022 anunciouse a cesión de Coto ao Racing de Ferrol da Primeira Federación. Na tempada 2022/23 foi titular habitual do equipo ferrolano e contribuíu a alcanzar o ascenso á Segunda División tras 15 anos. En xullo de 2023 finalizou a súa cesión e regresou ao Sporting. O 11 de agosto de 2023 tivo lugar o seu debut profesional nun encontro do Sporting contra o Real Valladolid.
O 9 de xaneiro de 2024 fíxose oficial un novo contrato de cesión co Real Murcia para o resto da tempada. O 7 de agosto dese ano fichou polo Amorebieta. En xullo de 2025 pasou a formar parte do Ourense Club de Fútbol.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Enol Coto en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Ourense CF