Isidro Carballo Abad, nado en Betanzos o 8 de xaneiro de 1912, foi un militar e político galego.

Traxectoria

Estudante en Xixón. Mecánico. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ingresou nas Juventudes Socialistas Unificadas e combateu no exército leal nos batallóns "Máximo Gorki" e "Espartaco". Coa caída de Asturias foi detido. Xulgado en consello deguerra en xaneiro de 1938,La Nueva España, 27-1-1938, p. 3. foi condenado a pena de morte, conmutada por cadea perpetua o 4 de marzo de 1938. Cumpriu condena na Prisión Central de Figueiredo, de onde saíu en liberdade condicional en xullo de 1943.BOE, 8-8-1943, p. 8025. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1938.BOP Oviedo, 12-3-1938, p. 2. Instalouse nas Minas de Fontao (Vila de Cruces) onde foi presidente do equipo de fútbol Minas C. F. nos anos sesenta.Fotografías Históricas del Minas C.F. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Isidro Carballo Abad

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en ano descoñecido