Una gallega en La Habana é un filme de comedia de coprodución cubano-mexicana de 1955, dirixido polo cineasta cubano René Cardona.
Argumento Cándida (Niní Marshall), unha muller galega cuxo mozo a deixou en Galicia para traballar na Habana, decide ir buscalo despois de 20 anos sen noticias del, pero só sabe del o seu nome. No porto, é confundida cun contrabandista de xoias, o que desencadea unha serie de enredos. Cándida consegue traballo nunha fábrica de tabacos propiedade dun viúvo con filla. A filla do propietario (Ana Bertha Lepe) e o seu mozo (Antonio Aguilar) dirixen a campaña publicitaria da fábrica con programas de televisión, impulsando as vendas, que caían en picado. Cándida descobre que o dono da fábrica é o seu mozo. Todo remata cunha dobre voda.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en Rotten Tomatoes .
Categoría:Filmes de 1955 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes de Cuba Categoría:Filmes ambientados en Cuba Categoría:Filmes rodados en Cuba Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes sobre a diáspora galega Categoría:Filmes sobre inmigración