A hormona do crecemento 1, tamén chamada hormona do crecemento pituitaria ou tamén simplemente hormona do crecemento (GH) ou somatotropina, é unha proteína que nos humanos está codificada no xene GH1 do cromosoma 17.
A proteína codificada por este xene é un membro da familia da somatotropina/prolactina de hormonas que exerce un importante papel no control do crecemento. O xene, xunto con outros catro xenes relacionados, está localizado no locus da hormona do crecemento no cromosoma 17, onde están intercalados na mesma orientación transcricional, unha disposición que se cre evolucionou por medio dunha serie de duplicacións xénicas. Os cinco xenes comparten un salientable alto grao de identidade de secuencia. O empalme alternativo xera isoformas adicionais de cada unha das cinco hormonas, o que orixina máis diversidade e potencial para a especialización. Este particular membro da familia exprésase na glándula pituitaria, pero non no tecido placentario como é o caso dos outros catro xenes do locus da hormona do crecemento. As mutacións ou delecións no xene causan deficiencia da hormona do crecemento e estatura baixa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hormona do crecemento placentaria Familia da somatotropina
Bibliografía
Categoría:Hormonas