A Dr. Dobb's Journal (a miúdo abreviada como Dr. Dobb's ou DDJ) foi unha publicación mensual publicada nos Estados Unidos polo UBM Technology Group, parte de UBM, que trataba temas dirixidos a programadores. Cando se lanzou en 1976, DDJ foi a primeira publicación periódica regular centrada no software de microordenadores, en lugar do hardware. Nos seus últimos anos de circulación, a revista distribuíase mensualmente en formato PDF, aínda que o seu contido estaba dispoñible principalmente a través do seu sitio web oficial. A revista deixou de publicarse a finais de 2014, pero o sitio web arquivado segue dispoñible en liña.

Traxectoria direita|miniatura|Dr. Dobb's Journal, edición de maio de 1980. Bob Albrecht publicou o boletín informativo da People's Computer Company (PCC) en Menlo Park, California, en 1972. En 1975, Dennis Allison, profesor da Universidade Stanford, publicou as definicións e instrucións para implementar un intérprete de BASIC para microcomputadoras. Este intérprete, chamado Tiny BASIC, fíxose moi popular entre outros programadores e implementouse en moitos ordenadores.. O código-fonte começa com as seguintes seis linhas: TINY BASIC FOR INTEL 8080 VERSION 1.0 BY LI-CHEN WANG 10 JUNE, 1976 @COPYLEFT ALL WRONGS RESERVED Calquera podía recibir fotocopias do código fonte da versión desexada do programa, enviando un sobre con franqueo e enderezo.

A PCC publicou tres edicións especiais de Tiny BASIC en 1976 co título de Dr. Dobb's Journal of Tiny BASIC Calisthenics & Orthodontia. O nome Dobb provén dos nomes Don (Dennis) e Bob. Debido á súa gran popularidade e ás solicitudes de boletíns informativos, a publicación converteuse nunha revista regular, con Jim Warren como o seu primeiro editor xefe.

O contido da publicación ampliouse e gran parte do material proviña de colaboradores voluntarios. O "Manifesto GNU" de Richard Stallman publicouse en DDJ en 1985. A historia da revista tamén inclúe o lanzamento do sistema operativo 386BSD.

Máis tarde, a revista consolidouse como unha publicación profesional, acadando sona e lectores internacionais. A versión impresa deixou de publicarse co número de febreiro de 2009. O sitio web actualizouse con novos contidos ata finais de 2014.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas en Wayback Machine en Internet Archive

Categoría:Revistas dos Estados Unidos de América Categoría:Revistas en lingua inglesa Categoría:Revistas desaparecidas