thumb|upright=1.7|O istmo de Panamá é unha ponte terrestre cuxa aparición hai 3 millóns de anos pechou a canle marítima de América Central conectando América do Norte e do Sur e permitindo o Gran intercambio biótico americano, no cal animais e plantas do norte colonizaron o sur e viceversa.
En bioxeografía, unha ponte terrestre (de terra ou continental) é un istmo ou conexión terrestre ampla entre áreas que estaban separadas, a través da cal os animais e plantas puideron cruzar e colonizar novas terras. Algunhas migracións humanas prehistóricas puideron verse facilitadas por pontes terrestres. Unha ponte terrestre pode crearse como efecto dunha regresión mariña, na cal baixa o nivel do mar, expoñendo zonas pouco profundas antes mergulladas da plataforma continental; ou cando a tectónica de placas fai emerxer novas terras (montañas, cadeas de illas); ou algunhas veces cando se produce unha elevación do terreo como resultado do rebote posglacial despois dunha era glacial.
Exemplos salientables
300px|miniatura|Mapa do Sahul e da Sonda, masas terrestres que se converteron en pontes terrestres en varios puntos durante o Plistoceno. miniatura|Pontes terrestres máis salientables do pasado (púrpuras) e actuais (alaranxadas) nunha proxección baimétrica equirectangular centrada a 45° L.
Antigas pontes terrestres A chaira de Bass, que unía Australia a Tasmania. A ponte terrestre antártica, que conectaba a Antártida, Australia e América do Sur durante o Cretáceo tardío e Paleoxeno temperán. A súa desaparición cambiou as correntes mariñas e provocou a conxelación da Antártida. A ponte terrestre de Bering (Berinxia), que intermitentemente conectaba Alasca (América do Norte) con Siberia (Norte de Asia) conforme o nivel do mar subía ou baixaba cos efectos das eras glaciares.Hopkins DM. 1967. Introduction. En: Hopkins DM, editor. The Bering land bridge. Stanford: Stanford University Press. pp. 1–6. GAARlandia, unha hipotética ponte terrestre que quizais conectou as Grandes Antillas con América do Sur durante o Eoceno tardío ou o Oligoceno temperán. Pontes terrestres do Xapón, varias pontes terrestres que conectaban o Xapón con Rusia e Corea en varios momentos da historia xeolóxica. Ponte terrestre de De Geer, unha ruta que conectaba Fennoscandia co norte de Groenlandia. Doggerland, unha antiga masa de terra no sur do mar do Norte que comunicaba a illa de Gran Bretaña coa Europa continental durante a última era glacial. A ponte terrestre de Thule, unha ponte terrestre desaparecida entre as Illas Británicas e Groenlandia. A ponte de terra de Sahul, entre a moderna Nova Guinea e cabo York (Australia). Sondalandia, unha área de 1.800.000 km2 que conectaba as illas do sueste asiático en varios puntos durante os últimos 2,6 millóns de anos.
Pontes terrestres actuais miniatura|O botánico Joseph Dalton Hooker, ao decatarse das semellanzas entre as floras de Australia, Nova Zelandia e o sur de América do Sur, propuxo no seu sexto volume de Flora Antarctica, publicado entre 1844 e 1859, que antes existiron pontes terrestres entre estas masas continentais.
A ponte de Adán (tamén coñecida como Rama Setu), unha serie de bancos moi pouco profundos que conectan a India con Sri Lanka. O istmo de Panamá, cuxa aparición hai tres millóns de anos permitiu o Gran intercambio biótico americano entre América do Norte e do Sur. A península do Sinaí, que une África e Eurasia.
Teoría das pontes terrestres miniatura|dereita|Probas da deriva continental a través da coincidencia de padróns fósiles en varios continentes. Os contrarios á deriva sostiñan que os continentes nunca estiveran unidos contiguos e que había pontes continentais por onde pasaron os seres vivos dun continente a outro.
A finais do século XIX e principios do XX, as pontes terrestres desapaecidas eran unha explicación das afinidades observadas entre plantas e animais de localizacións afastadas separadas por océanos. Científicos como Joseph Dalton Hooker sinalaron a existenica de desconcertantes semellanzas xeolóxicas, botánicas e zolóxicas entre áreas moi separadas, e popuxo que existiran pontes terrestres entre determinadas masas de terra que permitían que as especies se espallasen por todas as masas de terra conectadas. Capítulo 5: "Up-and-Down Landbridges". En xeoloxía, o concepto foi proposto primeiramente por Jules Marcou en Lettres sur les roches du Jura et leur distribution géographique dans les deux hémisphères ("Cartas sobre as rochas do Xura e a súa distribución xeográfica nos dous hemisferios"), 1857–1860.
As pontes terestres que se hipotetizaban daquela eran as seguintes: Archatlantis desde as Antillas ao norte de África. Archhelenis desde o Brasil ao sur de África. Archiboreis no norte do Atlántico. Archigalenis desde América Central pasando por Hawai e ata o noroeste de Asia. Archinotis desde América do Sur á Antártida. Lemuria no océano Índico.
A teoría da deriva continental de Alfred Wegener deu unha explicación alternativa que non requiría a existencia de pontes terrestres. Wegener explicaba a presenza de fósiles similares en estratos antigos de continentes hoxe separados por grandes océanos como India, Antártida e América do Sur, dicindo que nesa época os continentes estaban unidos formando un gran conxunto continental chamado Panxea. Pero os contrarios á deriva continental aduciron que existiran pontes continentais no Índico e no Atlántico que permitiran que os seres vivos pasasen dun continente a outro. A deriva continental non foi completamente aceptada ata que se dsenvolveu a tectónica de placas a inicios da década de 1960, que explicaba de maneira máis completa e exacta o movemento dos continentes no tempo xeolóxico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Fragmentación do hábitat Subida do nivel do mar
Bibliografía Ernest Ingersoll (1920). "Land-Bridges Across the Oceans". Encyclopedia Americana.
Categoría:Xeomorfoloxía Categoría:Xeoloxía Categoría:Bioxeografía Categoría:Pontes