A estación da Robla é unha estación de ferrocarril de Adif situada na cidade de La Robla, na provincia de León. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación está situada no punto quilométrico 25,033 da liña ferroviaria de ancho ibérico que conecta Venta de Baños con Xixón a unha altitude de 956 metros.
Historia O 17 de xaneiro de 1868 inaugurouse o tramo entre León e La Robla, e o 1 de agosto dese mesmo ano abriuse o tramo La Robla-La Pola de Gordón. A liña completa entre León e Xixón foi inaugurada o 15 de agosto de 1884.
Posteriormente, a Compañía do Ferrocarril da Robla a Balmaseda comezou a construción da súa liña, promovida, entre outras cousas, pola minería. En decembro de 1890 iniciáronse as obras a cargo do enxeñeiro de Guipúscoa, Mariano Zuaznávar, ata 1902, cando acabararon as obras. Esta compañía só durou ata 1972, cando a compañía Ferrocarriles de Vía Estreita absorbeuna, e máis tarde Adif ata 2012.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizados a 24 de xuño de 2025. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 24 Rexional Valladolid-Campo Grande <> Xixón
Galería fotográfica
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Información na web de Adif
Robla