Paul Scheurich, nado en Nova York o 24 de outubro de 1883 e finado en Brandeburgo o 19 de setembro de 1945, foi un pintor e artista gráfico, escultor e ceramista alemán.

Está considerado como un dos artistas da porcelana máis sobranceiros do século XX. Tamén destaca polos seus deseños de carteis e de papel moeda de Alemaña.

Traxectoria Primeiros anos e inicio na arte Paul Scheurich naceu na cidade de Nova York en 1883, no seu dunha familia alemá que regresou ao seu país o ano seguinte.Von der Goltz, Sophie. "5 Things to Know About Paul Scheurich". www.bonhams.com (Bonhams.com).

Na súa xuventude cursou ensinanzas artísticas na Academia das Artes de Berlín, entre 1900 e 1902."Paul Scheurich". Museum Kurhaus Kleve (sammlung.mkk.art).

Inicios como artista gráfico Como creador, Scheurich cultivou múltiples manifestacións artísticas, como a pintura, a escultura, a cerámica, o deseño gráfico, a ilustración e o deseño escénico.

En 1907, ilustrou un panfleto antisemita titulado Moses-Theater. A principios da década de 1910, estaba activo na dinámica escena artística de Berlín, contribuíndo á súa florecente cultura de teatro, moda e deseño.

Arredor de 1913, deseñou decorados para o produtor e director cinematográfico e teatral Max Reinhardt, e máis tarde produciu deseños de vestiario e produción para teatro e cine.

Como ilustrador, Scheurich foi moi prolífico, xa que contribuíu con máis dun cento de obras á revista satírica Simplicissimus entre 1931 e 1938, ademais de producir debuxos para revistas como Die Dame e Sport im Bild. Un perfil contemporáneo seu na revista especializada en deseño gráfico Gebrauchsgraphik (1936) salientaba a súa versatilidade e a súa prominencia como artista gráfico comercial na Alemaña de entreguerras.Hölscher, E. (1936).

As súas impresións adoitan ser identificables por un monograma "P S" nun rectángulo vertical."Paul Scheurich". British Museum (Britishmuseum.org).

Deseñador de porcelana Scheurich comezou a deseñar porcelana arredor dos 1910 e 1912 da man de Max Reinhardt nos obradoiros de arte en porcelana de Schwarzburg. Máis tarde traballou coa Fábrica de Porcelana de Nymphenburg, na Real Fábrica de Porcelana de Berlín, nos talleres da familia Hutschenreuther e na compañía Staatliche Majolika Manufaktur, con base en Karlsruhe, antes de se vincular de xeito estable na Meißner Porzellanmanufaktur ("Porcelana de Meissen"), onde entre 1918 e 1936 tivo un contrato exclusivo e unha praza como profesor. Alí produciu modelos figurativos influídos pola tradición rococó.

Concluído aquel primeiro contrato, regresou á factoría de Meissen en 1939, cando Max Adolf Pfeiffer se converteu no seu director.

A súa obra reinterpretou motivos da porcelana do século XVIII ao tempo que introducía elementos temáticos modernos, tomados adoito no teatro e no ballet, con figuras inspiradas nos Ballets Rusos nas súas composicións de porcelana.Polansky, J. I. (2003). "The Image of Russian Ballerina in Herman Porcelain". Burganova Journal. Páxinas 41-47.

As súas figuras de porcelana caracterízanse por un movemento expresivo, unha modelaxe refinada e temas tomados da mitoloxía, do teatro e da vida contemporánea.

As bases de datos de coleccións, incluíndo as de museos internacionais, documentan unha ampla gama das súas obras figurativas, confirmando a súa distribución global e a súa relevancia institucional continuada."The Innovative Oil-free Pot and Pan "Krubof". Scheurich, Paul". Art Platform Japan (Artplatform.go.jp)."Social Magazine "The Lady". Scheurich, Paul". Art Platform Japan (Artplatform.go.jp)."Magazine "The Arbor". Scheurich, Paul". Art Platform Japan (Artplatform.go.jp).

Pintura e artes decorativas Scheurich traballou en pastel, óleo e acuarela, producindo retratos, interiores e grandes encargas decorativas. Entre os seus proxectos figuran murais, decoracións de teito, vidreiras e deseños de tapices, aínda que gran parte desta obra foi destruída durante a segunda guerra mundial.

En 1935, creou o pano de boca para a Ópera de Berlín (Deutsche Oper Berlin) e un tapiz para o Ministerio do Reich para a Ilustración Pública e a Propaganda.Klee, E. (2007). Das Kulturlexikon zum Dritten Reich. Wer war was vor und nach 1945. S. Fischer, Frankfurt am Main. Páxina 521. ISBN 978-3-10-039326-5

Deseño de billetes A partir de 1929, o Reichsbank emitiu billetes baseados nos deseños de Scheurich. O seu traballo neste campo reflicte a extensión do seu estilo gráfico á cultura visual oficial do Estado."Paul Scheurich". Numista.com

Derradeira etapa e legado Scheurich mantívose activo durante a Alemaña nazi, participando en exposicións oficiais como a Exposiciónn Internacional ddas Artes e das Técnicas na Vida Moderna (París, 1937) e a Gran Exposición de Arte Alemá de 1939 en Múnic.

Scheurich morreu en 1945, aos 61 anos, en Brandenburg an der Havel, unha pequena cidade histórica no estado de Brandemburgo, a uns 68 quilómetros ao oeste do centro de Berlín.Sitio web da cidade. Stadt-Brandenburg.de

As obras de Scheurich áchanse en importantes coleccións de museos internacionais. Algunhas coleccións institucionais, como as do Museo de Artes Aplicadas de Budapest e o Centro Internacional de Fotografía de Nova York, conservan tanto as súas obras escultóricas como as gráficas, reflectindo a amplitude da súa traxectoria."Statuette (Figure) - Dancing Chinese boy". Museum of Applied Arts (collections.imm.hu)."Martin Munkacsi (Sculpture by Professor Paul Scheurich)". International Center of Photography (IPC.org).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Hölscher, E. (1936). "Prof. Paul Scheurich". En Gebrauchsgraphik. Vol. 13. Nº 2. Páxinas 14-29. Pfeiffer, M. A. (1941). "Schönheit in Porzellan". En Die Kunst im Dritten Reich. Vol. 5. Nº 6. Meissen Porzellan Stiftung (ed.) (2022). Paul Scheurich. Dresden. ISBN 978-3-95498-673-6

Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Artistas de Alemaña Categoría:Cerámica