dereita|miniatura|Placa na memoria de Alejandro Porto, Avelino Landeira, Jesús Miño e Modesto del Río en Serantes, Ferrol. Modesto del Río Polo, nado en San Xurxo da Mariña (Serantes) o 12 de febreiro de 1881 e finado na Frouxeira (Valdoviño) o 3 de febreiro de 1938, foi un mariñeiro e político galego.
Traxectoria Mariñeiro, dono de barcos de pesca, tiñan un salón de baile onde se realizaban os eventos de Serantes. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 30 de xaneiro de 1938 foi detido acusado de ter protexido na casa das irmás de Avelino Landeira, Carmen, Felicia e Rosa, ao alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis. Detido, ingresou no Cárcere do Partido, con Alejandro Porto e os outros seus protectores, Avelino Landeira e Jesús Miño. O 2 de febreiro, por disposición do delegado de Orde Pública, foron entregados para “facer dilixencias” ao xefe de Policía e Milicias capitán Pagola, a un oficial de Infantería de Mariña, varios gardas civís e milicianos falanxistas que os pasearon na praia da Frouxeira e os soterraron na area. Declararon que se deran á fuga e que non puideron ser localizados. Aínda que en 2006 se anunciouLocalizan la fosa del último alcalde de Serantes, páxina persoal, reproducindo un artigo de Diario de Ferrol do 24/8/2006 que se descubrira a foxa común onde estaban soterrados, a localización exacta do lugar de soterramento segue sendo descoñecida."El alcalde fugitivo", El País, 4/12/2009 . Dende 2011 existe un monólito conmemorativo dos catro homes executados en Serantes.
Transcendencia A historia recolleuna no documental O segredo da Frouxeira o cineasta Xosé Abad.
Vida persoal Casou con Ángela Díaz Díaz o 5 de novembro de 1904 e foi pai de nove fillos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña
Ficha en Memoria democrática
Categoría:Nados en Serantes Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia