Luis Caparrós Esperante, nado na Coruña en 1952, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria

Foi profesor de literatura española na Universidade de Valladolid. Despois foi profesor da Universidade da Coruña até a súa xubilación en 2023, da que foi vicerreitor entre 2008 e 2012. É autor de libros, edicións e artigos académicos sobre teatro do XVI e XVII e, sobre todo, de lírica contemporánea, especialmente do XIX e XX. Foi un dos membros do Grupo do Castro, pioneiro no desenvolvemento do cómic en lingua galega e medio de acción antifranquista, xunto a Chichi Campos e os irmáns Xosé e Rosendo Díaz. Obras Obra en castelán

Entre validos y letrados: la obra dramática de Damián Salucio del Poyo, 1987

Como editor

Poesía completa de Nicomedes Pastor Díaz, 2006.

Obra en galego A chuvia sobre o mar, 2026.Ficha editorial Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Edicións Laiovento

Categoría:Nados en 1952

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Profesores da Universidade da Coruña