La Gomera é un filme romanés de suspense dramático e comedia estreado en 2019, dirixido por Corneliu Porumboiu e protagonizado por Vlad Ivanov. Foi seleccionado para competir na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019. Foi seleccionado para representar a Romanía no apartado de Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar, aínda que finalmente non foi nomeado.
Argumento
Cristi é un policía que traballa tamén para a mafia. Para evitar ser descuberto, viaxa á illa española da Gomera para aprender o silbo gomero co obxectivo de sacar do cárcere a Zsolt, o único que sabe onde están agochados uns trinta millóns de euros.
Elenco
Vlad Ivanov como Cristi. Catrinel Menghia como Gilda. Agustí Villaronga como Paco. Cristóbal Pinto como Carlito. Sergiu Costache como Toma. Antonio Buíl como Kiko.
Recepción crítica
Na súa presentación no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, Jessica Kiang, de Variety, dixo do filme que «é un filme agradable por atoparse un pouco fóra do común». Por outra banda, Oti Rodríguez Marchante, do diario ABC, dicía do filme que era «de intriga e máis ou menos encadrada dentro do xénero negro».
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes de Romanía propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes de Romanía Categoría:Filmes en lingua romanesa Categoría:Filmes rodados nas Illas Canarias Categoría:Filmes de suspense Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes de Romanía propostos ó Óscar ó mellor filme internacional