miniatura|Pequenos illotes no Väinameri. O Väinameri —literalmente, «mar dos Estreitos»— é un corpo de auga situado no mar Báltico, que separa entre si as illas do arquipélago Moonsund e tamén estas do continente. Pertence a Estonia.

É unha área mariña pouco profunda, cunha superficie aproximada de 2 200 km², delimitada polas illas occidentais de Estonia —Saaremaa, Hiiumaa, Muhu e Vormsi— e pola Estonia continental.

O Väinameri caracterízase por unha rede de estreitos, canles pouco profundas, baías semipechadas e numerosas illas pequenas. Entre os principais estreitos da zona atópanse o Voosi kurk, o Hari kurk, o estreito de Soela, o Väike väin e o Suur väin.

Entre 1894 e 1896 construíuse unha estrada de 3,6 km de lonxitude entre Saaremaa e Muhu, que cruza o estreito de Väike väin.

A zona ten importancia ecolóxica polos seus hábitats costeiros, pradarías submarinas, aves migratorias e ecosistemas protexidos, moitos deles integrados na Rede Natura 2000.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Xeografía de Estonia